Pádel de balde para os máis pequenos

28/08/2018

Os centros de Barreiro e Navia de Máis que Auga acollerán, entre o 3 e o 8 de setembro, varias xornadas nas que os máis pequenos poderán xogar ao pádel sen custe.

As xornadas están orientadas a que os nenos de entre 4 e 16 anos coñezan ou simplemente desfruten deste deporte de raqueta, para o que disporán de varios niveis: prepádel (de 4 a 6 anos), minipádel (de 7 a 11 anos) e pádel junior de (12 a 16 anos).

Para participar nas xornadas é necesario realizar a inscrición, como mínimo, 24 horas antes da mesma, seleccionando o nivel e o horario desexado.

Accede aquí ao formulario de inscrición.

Máis que Auga conta con 16 pistas de pádel nos seus centros de Navia e Barreiro, entre regulamentarias, de cristal, de muro, cubertas e descubertas. As instalacións, con céspede e iluminación led de última xeración, converten o complexo nun dos máis equipados de Vigo.

Ademáis, Máis que Auga conta coa súa propia academia de pádel enmarcada na metodoloxía de adestramento Globalpádel, asumida por todos os nosos adestradores para facer a aprendizaxe o máis completa e divertida posible.

Unha oportunidade imperdible de xogar ao pádel para os máis pequenos da casa!