Pádel de balde para adultos en Máis que Auga

09/09/2018

A semana que ven arrancan nos centros Máis que Auga en Barreiro e Navia as Xornadas de portas abertas para adultos. Entre o 17 e o 22 de setembro dúas pistas (a 2 en Barreiro, la 8 en Navia) quedarán reservadas para esta actividade que serve de porta de entrada a este deporte a moitos usuarios e usuarias.

Tras dobrar este ano o número de participantes na semana de portas abertas para os máis pequenos respecto a 2017, a tempada de pádel para adultos quedará inaugurada para todos os niveis: iniciación, intermedio e avanzado.

A inscrición nas xornadas para adultos só pode facerse online, a través do enlace que figura ao final deste post. Lembra que a inscrición remata 24 horas antes do comezo de cada clase.

O grupo de adestradores profesionais de Máis que Auga ofrecerán clases gratis para grupos, aplicando unha metodoloxía que permite aprender, mellorar ou prepararse para competir neste deporte. Os niveis están agrupados por cores de pas: blanca, amarela, laranxa, verde, azul, marrón e negra segundo as diversas habilidades de xogo dos usuarios.

Máis que Auga ofrece durante toda a tempada diversas modalidades de competición nas que os usuarios poden medir o seu progreso mesmo a nivel oficial, en probas federadas.

Para inscribirse nestas xornadas de portas abertas pica no seguinte enlace: