OS XIMNASIOS, UN LUGAR SEGURO PARA OS SEUS USUARIOS

27/08/2020

Cada vez son máis os estudos e as opinións dos expertos que confirman que os ximnasios non son só unha contorna segura, se se cumpren as medidas de seguridade implementadas, senón que, ademais, son necesarios, xa que para loitar contra a COVID-19 ou outras enfermidades, necesítase contar cun sistema inmunolóxico forte e para iso é fundamental facer deporte e estar en boa forma física.

 

Nesta reapertura o medo está a ocupar un papel protagonista, e iso a pesar de que os centros deportivos tomaron todas as medidas necesarias para evitar  contaxios. En  Máis que  Auga traballamos duramente, e seguimos facéndoo, para conseguir que sintades seguros no voso centro, con alfombras desinfectantes na entrada xunto a un posto con xel   hidroalcohólico para limpar as mans, toma de temperatura por medio dunha cámara, regulouse a circulación de persoas sempre no mesmo sentido para evitar cruces, hai dous metros de distancia entre máquinas, incrementouse sensiblemente o número das horas do servizo de limpeza, hai xeles  hidroalcohólicos en cada posto de traballo, botes de desinfectante repartidos por toda a instalación para a limpeza dos aparellos antes e despois do seu uso… Moitas medidas que, se se respectan por parte de todas e todos, permitirannos desenvolver a nosa actividade nunha contorna segura.

 

Para iso, unha vez máis, lembrámosvos a necesidade de que acudades con máscara ao centro e que a utilicedes de forma obrigatoria sempre que vos movades polo ximnasio. É unha medida de protección para todos, sinxela, e segundo explican os expertos a máis efectiva, xunto ao mantemento da distancia social.

 

No seguinte artigo do diario deportivo AS, destacan as medidas implementadas por parte dos ximnasios para conseguir que sexa un lugar seguro para os seus usuarios. Ademais, fan referencia ao estudo realizado na Universidade de  Oslo (Noruega) sobre case 4.000 clientes de centros deportivos. Finalmente, máis de 3.000 presentáronse de forma voluntaria para a realización das probas  PCR e só un deles deu positivo (o contaxio tivo lugar no seu lugar de traballo).

 

Podedes consultar o artigo na seguinte ligazón