los gimnasios en Vigo Máis que Auga estrenan nuevas máquinas

Os ximnasios de Vigo Máis que Auga invisten en novas máquinas deportivas

20/07/2017

21.07.2017

Nos ximnasios de Vigo Máis que Auga a tempada de verán está sendo aproveitada para unha renovación de equipos deportivos e reformas nos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia.

Neste ano 2017 Máis que Auga inviste en novas máquinas e equipos, na renovación permanente e continua dos seus 3 centros.

Renovando os ximnasios de Vigo

Os equipos instalados nos tres centros Máis que Auga na cidade servirán para dar resposta a unha gama de especialidades moi demandadas polos usuarios. Entre elas destaca o tríatlon indoor, actividade para a que se incorporan un conxunto de novas máquinas que permiten a práctica nas nosas instalacións do ski de fondo co skierg, do ciclismo coa whatbike e do remo co remoergómetro.

Tamén renova parte do seu equipamento o box de wodfit en Barreiro, coa instalación de novos elementos de cardio e novos mobles para apoio das actividades. Destacan dúas cintas autopropulsadas, dous remoergómetros, dous airbike (especie de bici con bastóns como nas elípticas) e dúas krank cicle, equipos que enriquecen notablemente a experiencia dos usuarios.

No ximnasio de Máis que Auga Barreiro, dende agosto, disporemos de 30 bicis de ciclo indoor de última gama (Tomahawk, IC5 e My ride) con sistemas audiovisuais que permiten personalizar a experiencia dos usuarios, que poderán monitorizar a súa actividade, reforzando o sentido lúdico de esta experiencia deportiva.

Tanto en Barreiro como en Coia e Navia instaláronse novos solos técnicos para facilitar a práctica de certas especialidades e especificamente aquelas que implican o uso de discos e barras.

Tamén se incorporan novas cintas de camiñar e elípticas, empregadas nos tres centros Máis que Auga que integran conectividade, televisión e percorridos virtuais que enriquecen a experiencia do deportista.

Cun orzamento de 275.000 euros neste ano os ximnasios de Vigo Máis que Auga seguimos a ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo para a práctica deportiva. A empresa viguesa de servizos deportivos xestiona en réxime de concesión as instalacións de Barreiro, Coia e Navia en Vigo, con 29.700 socios e cursillistas. O primeiro dos centros, Coia, abriu en novembro de 2010 e o máis recente, o de Navia, abriu en setembro de 2015.