Equipo profesional de Gimnasios Vigo Máis que Auga

Os ximnasios de Vigo co mellor equipo profesional

Collimos impulso e non hai quen nos pare.  Hai pouco abrimos unha fiestra nesta web para que coñeceras mellor a todo o noso equipo, aos 120 profesionais que fan que Máis que Auga sexa o que é. Propuxémoste xogar con eles ao través de concursos nas nosas redes sociais e eles, como fan sempre, se prestaron a posar para selfies, a compartir o seu sorriso e a axudarte a que ti tamén colleras impulso.

Queremos darte ás grazas (a ti e a eles) pola implicación que demostrades,  por respostar sempre con gañas ás nosas propostas e por ser uns entusiastas empedernidos do deporte e da vida!

Nesta foto Manu, Carla, Flavia, Miguel, Carlota, Andrea, Pablo, Ana e Marcos representan o espírito de Máis que Auga e o dos seus compañeiros. Como di Carlota: “Para o entusiasmo non hai remedio” Así e o noso equipo: apaixoados irremediables que non fan nada sen emoción.  Queremos que sigas adiante con nós, que superes os teus límites, que venzas retos e que o esforzo che mereza a pena. Nós, somos o teu equipo e seguimos collendo impulso ao teu carón: salta con nós!

Acto cos premiados