Os socios de Máis que Auga poden cambiar gratis de centro

12/08/2015

Os 13.500 socios de Máis que Auga poden cambiar gratuitamente de centro a partires do 18 de agosto, incluíndo a inscripción no novo centro de Máis que Auga Navia que abre en setembro de 2015. Os socios de Máis que Auga Barreiro e Máis que Auga Coia poden cambiar de centro entre eles ou pedir o cambio de abono para o centro de Máis que Auga Navia sen custe de matrícula. Ademais, os nosos socios terán un prazo reservado para facer esta modificación a Navia sen aglomeracións nin problemas, xa que terán un trato preferente.

Os socios do complexo deportivo de Coia realizarán este cambio no seu centro do 18 ao 22 de agosto, nas datas previas á apertura do prazo de inscrición en Navia, polo que teñen garantida a súa praza sen problema algún. Pola súa banda, os abonados de Barreiro poderán facelo con absoluta tranquilidade na recepción da súa instalación entre os días 24 e 29 de agosto. Toda a tramitación do cambio é gratuita. Os horarios previstos para a tramitación son de luns a venres de 9.00 h a 13.30 horas  e de 18.00 h a 22.00 horas. O sábado se atenderá de mañá (de 9.00 h a 13.30 horas).

Os profesionais de Máis que Auga informarán aos usuarios sobre as tarifas Máis que Auga Navia, así como de algunhas modalidades novas que non existen nos dous centros actuais. A tarifa máis baixa é de 19 euros (matinal, fin de semana e discapacitado), mentres que a premium é de 35 euros mensuais e da acceso aos tres centros de Máis que Auga, ademais de incluír un curso de pago de 1 día (excepto pádel), así como reservas de pistas de pádel de balde de luns a venres de 07.00 h a 17.00 horas.

Ata a apertura do Máis que Auga Navia, prevista para mediados do mes de setembro, poderán seguir utilizando as instalacións do centro no que estaban matriculados con absoluta normalidade.

Prazos.  O proceso de inscrición de novos socios para a  instalación de Navia comezará a partir do día 24 de agosto. A inscrición na nova instalación realizarase a través da web da empresa (www.maisqueauga.com), por un procedemento sinxelo a través do apartado Faite socio.  Como oferta de lanzamento, Máis que Auga regala o custe íntegro da matrícula aos 500 primeiros clientes que se apunten como socios en Navia. Ademais, os 2.000 primeiros socios de Navia recibirán coma agasallo un garda-todo.

A partir do 31 de agosto todas e todos os interesados poderán facerse abonados de Máis que Auga Navia na propia instalación.