OS RUNNERS MÁIS QUE AUGA FIXERON UNHA RUN RUN DE CINE

10/11/2019

O circuíto Run Run Vigo 2019 chegou ao seu remate e con grandes resultados para o equipo Máis que Auga. Por primeira vez logramos ganar o premio ao equipo con máis participación en todo o circuíto, e tamén fomos segundos na clasificación por puntos. E por se fora pouco, Rosa Álvarez logrou a segunda posición na súa categoría (F4).

 

A loita polo primeiro posto en participación foi moi rifada e se decidiu por moi pouco a favor dos nosos! Fomos primeiros con 223 participacións, fronte ás 221 do Castrelos 20:30. E foi grazas as e os nosos runners, que sempre están aí, con ganas de loitar e competir.

 

Desta forma, sete dos nosos deportistas fixeron as nove probas do circuíto, non se perderon nin unha e foron peza importantísima na consecución do premio. Eles son Dolly Darlen García, Rosa Álvarez, Manuel Parra, Vanesa Lemos, Lucía Montes, Lucía Pombo e Edwin Guamá. E non nos podemos esquecer de Santiago Bernárdez que como se incorporou ao grupo Máis que Auga na segunda carreira, xa non puido cambiar de club. Pero a pesar de todo correu sempre coa nosa camiseta e sendo un máis do noso equipo, aínda que non puidera puntuar. Ademais, logrou podio na categoría M-3, onde foi segundo, polo que non podemos estar máis orgullosos!

 

Se algo podemos destacar do grupo de runners Máis que Auga é a unión que hai, algo que transmiten incluso cando os ves pasar correndo nas probas, animándose entre eles e sempre cun sorriso na cara. Así no lo contan. Vanesa Lemos, que forma parte do grupo de Coia dende hai tres anos, explicou que o pasado ano xa fixera varias probas do circuíto pero que non ao completo. “Este ano puiden completalo, en parte grazas a Javi, o noso monitor, que nos anima a participar e nos axuda nos nosos retos”. So houbo unha proba que non lle gustou, que foi a da Cereixa, “porque facía moitísima calor e se fixo moi dura”. O seu obxectivo cara ao próximo ano é iniciarse no tríatlon. De momento, xa comezou a nadar.

 

Lucía Pombo foi outra das valentes, que logrou rematar o circuíto: “Xa o intentara o pasado ano, pero no puiden e este ano propúxenme facelo enteiro, e iso que como hai cambios de datas ás veces é complicado. Para a última proba estaba anotada na maratón de Oporto, pero renunciei para completar a Run Run”. A Lucía lle gustou moito o circuíto porque “son probas que se disputan en entornas moi diferentes e bonitos. Gustoume completalo e iso que foi complicado, sobre todo no mes de xuño, que houbo tres probas, con moita calor… pero foi moi satisfactorio facelo todos xuntos. Recoméndoo a todo o mundo!”.

 

Edwin Guamá sumouse ao grupo de Navia hai tres anos xunto a súa noiva Lucía Montes e este ano fixeron xuntos as nove probas do Run Run Vigo 2019. Edwin afirma que “foi unha experiencia moi bonita. Houbo un pouco de todo: carreiras máis duras, máis tranquilas, percorridos máis bonitos que outros, pero o mellor de todo é o equipo que temos e as experiencias que vivimos xuntos”.

 

E rematamos con Rosa Álvarez Domínguez, que no seu primeiro ano, vai subir ao podio xa que quedou segunda na súa categoría (F-4). Rosa contounos que “comecei o ano pasado, o mes no que cumprín 60 anos, grazas ao meu fillo que me animou”. Agora ten claro que “cheguei para quedarme neste grupo, xa botei raíces. O que máis me impresionou cando cheguei foi a unión que hai aquí, o ambiente entre os compañeiros”. Fixo tamén as nove probas e no seu balance todo é positivo: Eu nunca correra, só camiñaba. E no primeiro ano, son segunda na miña categoría, fixen todas as probas… máis non podo pedir”. Do circuíto, asegura que a carreira que gozou máis foi a Vig- Bay, que a fixo co seu fillo; a máis dura foi a do Berbés e a peor a da Cereixa, pola calor. E para o próximo ano ten dous obxectivos: “Seguir aquí cos meus compañeiros e facer unha maratón co meu fillo”.