Os runners de Máis que Auga, protagonistas na San Silvestre de Vigo

02/01/2016

Os runners Máis que Auga volveron amosar a súa simpatía e as súas ganas de participar na San Silvestre de Vigo, que nesta edición bateu récords de participación con case 4.000 persoas. Entre eles, os nosos corredores, que un ano máis foron o grupo máis numeroso, con case cen deportistas das tres instalacións (Coia, Barreiro e Navia) recibindo o ano facendo deporte en familia e divertíndose.

Os nosos mozos demostraron a súa orixinalidade nos disfraces o que lles permitiu recibir dous premios. Os runners de Coia disfrazáronse de  belén vivente e foron un dos premiados, mentres que as noivas á fuga de Barreiro tamén recibiron o seu premio e os aplausos do público, que gozou da proba e da simpatía dos deportistas.

A participación da nosa empresa na San Silvestre deste ano foi un paso máis aló. Máis que  Auga obsequiaba cun gorro de Papa Noel a cada persoa que entregase un quilo de comida non perecedoira para Banco de Alimentos. A San Silvestre de Vigo deste ano volveu ter carácter solidario, de forma que o custo de inscrición era un quilo de alimentos para esta organización sen ánimo de lucro.