OS PEQUES DA CASA ATOPARÁN O SEU SITIO EN MÁIS QUE AUGA

25/08/2022

Máis que Auga recolle unha ampla oferta de actividades para os peques da casa, na que seguro que os teus nenos/as atoparán aquela que mellor se adapte aos seus gustos e necesidades. Temos unha enorme variedade de cursos en sala, auga e pádel, adaptados as diferentes idades e niveis e nos que se fomenta ademais do deporte, as relacións sociais, compañeirismo, disciplina, constancia… e sempre da man de técnicos/as que saben dirixir o seu adestramento de forma profesional e divertida.

 

Aquí faremos un percorrido por algunhas das diferentes opcións, pero en calquera dos nosos centros poderás ampliar a información.

 

Piscina. Seguro que durante o verán os nenos/as pasáronse os días a remollo, tanto en piscinas como na praia. A case todos lles encanta a auga e por iso os cursos de natación na piscina é un dos nosos clásicos e sempre unha das actividades máis reclamadas por vós. Miles de bebés pasaron polas piscinas Máis que Auga e iniciaron aquí as súas clases de natación, primeiro coas súas papis no curso de bebés e despois, aos poucos, foron crecendo e cambiado de nivel. Sabedes que os nosos niveis están bautizados con animais acuáticos. Así, empezamos na clase de miñoca e a medida que van avanzando na súa aprendizaxe na auga van cambiando de clase e de nivel (tartaruga, camalar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo).

 

Sala. Tamén é moi ampla a oferta, xa que os pequenos poden elixir entre clases de taekwondo ou ballet, por poñer exemplos de dúas actividades moi diferentes que poden interesar a un abano moi amplo de nenos. Pero ademais, incluídas no abono, hai varias opcións para os nosos menores que van desde wodfit, a zoa, invicto ou power. Todas estas actividades están divididas por idades en kids (de 4 a 7 anos) e júnior (de 8 a 14), co obxectivo de facer un traballo adecuado ás posibilidades dos participantes.

Basicamente o obxectivo é achegar o deporte aos máis pequenos, pero dunha forma lúdica e divertida, para que facer actividade física sexa un xogo máis e ademais, dirixidos por profesionais, para evitar lesións ou malas posturas. Precisamente Activate kids é un curso que acabamos de iniciar para os máis pequenos/as, no que se traballará a psicomotricidade, para ensinarlles a facer ben as cousas: “Aprender a moverse, e da forma correcta, para que, se fas unha sentadilla, a fagas correctamente”.

 

Pádel. Nos nosos centros de Navia e Barreiro tamén incluímos clases de pádel para os máis pequenos, para facer a súa iniciación neste deporte social desde pequenos. Poden comezar aos 4 anos con pre-pádel e continuar ata os 16 con pádel júnior.