Os “peixemáns” nadan máis seguros

21/07/2016

Os nosos peixemáns, grupo de travesías (nadadores que adestran para longas distancias no mar), realizan dende este mes as súas probas e adestramentos con maior seguridade. Máis que Auga inclúe a cobertura dun seguro privado de accidentes deportivos, de obrigatoria aplicación a partir dunha nova norma da Xunta de Galicia, que da cobertura para accidentes e que se inclúe no pago da actividade, a un prezo total de 8,15 euros ao mes.

O novo prezo inclúe, ademáis do seguro,  a planificación e dirección de adestramentos por parte de dous expertos en travesías e natación, o acompañamento a adestramentos a mar aberto, adestramento en piscinas de Máis que Auga e a cobertura total en caso de que sufras un accidente. Un módico prezo polo que terás a tus disposición ao mesmo adestrador que o paralímpico Chano Rodríguez que vai camiño de Río 2016. 

Almudena López e Alejandro Brea estarán adestrando o grupo de travesía que durante os meses de verán -xullo e agosto- trasladarán a súa actividade ata a praia do Vao os venres as 20:00 horas. Unha actividade refrescante a par que saudable que agora será aínda máis segura, si cabe, con este seguro.

Un grupo de "pecemanes" listos para comerse el Vao.

Un grupo de “peixemáns” listos para comerse o Vao.