OS NOSOS PROPÓSITOS SAUDABLES PARA O 2022

05/01/2022

Aninovo, propósitos novos! É algo que facemos cada ano, pero que despois do que vivimos nestes dous últimos anos, tomámosnolo todo moito máis en serio, porque agora máis que nunca sabemos o importante que é gozar de boa saúde, tanto física como mental. Así que hoxe imos contarvos os nosos propósitos saudables para mellorar a nosa vida. Non imos facer unha lista interminable e complicada de cumprir. Optamos por marcarnos poucos obxectivos, realistas e posibles de realizar.

 

1. Tempo para a actividade física. Facer máis actividade física a diario ou á semana, segundo as nosas capacidades e necesidades, debería ser un dos propósitos para ter sempre encabezando a nosa lista de hábitos saudables para mellorar o noso benestar. Ademais, se o fas en familia ou con amigos é moito máis atractivo e se aproveitas o bo tempo para saír e facer roteiros, seguro que gozarás dun día único, divertido e san.

2. Levar unha alimentación equilibrada. Sabedes que é algo que vos repetimos sempre: O deporte debe ir acompañado dunha alimentación sa e equilibrada. Non falamos de dietas, falamos de introducir froitas e verduras na alimentación; de apostar polos alimentos de tempada (que serán os máis saborosos e económicos); de renunciar aos excesos de sal, azucre, alcol… Os excesos sempre son malos! … E se te animas a cociñar, o control sobre a alimentación será mellor, así que… Saca á luz ao chef que levas dentro!

3. Un bo descanso. É outra das claves, durmir ben e as horas necesarias. Para poder render ao día seguinte, facer deporte, traballar, gozar do día, é imprescindible descansar.

4. Mente activa. Nestes momentos que nos tocou ben, sabemos o importante que é ser positivos, facer cousas e buscar retos. Por iso, queremos animarte a facer cousas diferentes! Durante a pandemia vímonos enganchados á tele e internet durante horas, algo que nos saturou. Agora toca ler un bo libro, debuxar, bailar, pintar, xogar…. Ocupa a mente, escapa do estrés e sal a gozar da natureza.

 

Estes son os nosos propósitos saudables para o Aninovo… cales son os teus?