OS NOSOS PEIXIÑOS XA DAN COR E ALEGRÍA ÁS PISCINAS DE MÁIS QUE AUGA

07/09/2023

Xa están aquí! Nemo, Barbie, Spider-Man, Os Vengadores, A Patrulla Canina, o Rey León, Harry Potter, Mickey, Minnie, Stitch, Frozen, a Sirenita… Todos estes personaxes locen orgullosos nos seus coloridos bañadores, mentres os nosos peixiños volven emocionados e contentos ás súas clases de natación. E se os peques están felices, que dicir dos seus monitores, que xa botaban de menos o barullo e a alegría que asolaga as nosas piscinas!

 

E é que en setembro comezaron os cursos de natación dos nosos pequenos/as. Moitos regresan despois do verán, onde por suposto, mostraron á súa familia na praia ou a piscina os seus avances en natación. Para outros será a súa primeira vez e chegan cos seus bañadores, gorros e chanclas un pouco máis tímidos/as, observando o seu arredor e preguntándose como será o/a profe. Pero moi pronto desaparecen os medos, case no momento no que se meten na auga e comezan a gozar e aprender. Unha das claves dos nosos cursos de natación para nenos/as é que sempre traballamos o aspecto lúdico. Buscamos que os nosos peixiños gocen á vez que aprenden e para iso o xogo é a ferramenta que utilizamos na aprendizaxe.

 

Os cursos de natación de Máis que Auga son xa un clásico, polo que pasaron miles de nenos e nenas da nosa cidade. Ás veces a nosa relación co peque iniciouse mesmo antes de nacer, coas clases de embarazauga e vivimos cos proxenitores todo o proceso. Aos poucos meses xa están connosco no curso de bebés, que é moi especial, xa que o pequeno ten o seu primeiro contacto coa auga xunto ás súas papis. Despois, aos poucos, van crecendo e cambiado de nivel. Sabedes que as nosas clases están bautizadas con nomes de animais acuáticos. Así, empezamos en miñoca (a partir de tres anos) e a medida que van avanzando na súa aprendizaxe na auga van cambiando de nivel (tartaruga, lura, xurelo, cachalote, golfiño e escualo).

 

Como vos dixemos antes, as clases comezaron o día 1 de setembro, así que se queres contratar un curso de natación para o teu neno/a, non te despistes! Canto antes, achégache pola recepción do centro que máis che conveña e pregunta por horarios e cursos dispoñibles. Se es novo e é necesario, farase unha proba para ver o nivel do peque e dependendo da evolución que vaia mostrando ao longo do curso tamén podería cambiar de nivel. E no caso de que xa saibas o nivel, poderías facer a contratación a través da web. A continuación, deixámosvos a ligazón.