OS NOSOS CONSELLOS PARA QUE, ESTA VEZ SI, CUMPRAS OS PROPÓSITOS DO NOVO ANO

12/01/2021

Ir ao ximnasio aparece cada ano na nosa lista de propósitos, pero non sempre con moito éxito. Por que? Quizais porque o obxectivo que marcas é demasiado esixente e ao non logralo, desilusiónaste e abandonas. Así que imos marcar unhas liñas de actuación para que os teus obxectivos cheguen a bo termo.

 

Ao pasar as festas, chegan as rutinas. Os nenos volven ao traballo e os maiores, ao traballo sen eses festivos que alteran o ritmo a todos/as. Así que é o momento perfecto para incorporar o ximnasio ás nosas rutinas diarias e que sexa máis sinxelo. Iso si, o noso consello é que a actividade física vaia acompañada dunha boa alimentación. Se é a primeira vez que vas ao ximnasio ou aínda que fuches algunha vez, non logras engancharte, debes ter en conta unha serie de consellos.

 

  • Obxectivos reais. Unha das principais causas do fracaso no ximnasio débese a que, de inicio, nos marcamos uns obxectivos excesivamente ambiciosos e moi poucos realistas. Se pensamos que nunhas semanas xa imos estar magníficos ou imos perder os quilos de máis do Nadal, a desilusión está garantida. É fundamental que establezamos obxectivos reais e alcanzables, para que vexamos que o traballo ten resultados e así acudiremos cada día máis animados.
  • Asesoramento profesional. Tamén é fundamental e por moitos motivos: Para marcar un adestramento adaptado a ti, ás túas condicións físicas e aos teus obxectivos; para evitar lesións por facer un traballo inadecuado; para ter  unha programación feita por profesionais; para animarte ao ver que vas superando etapas… Non o dubides! Fala cos nosos técnicos/as e eles programaran as túas sesións de traballo.
  • Se podes, ve acompañado ao ximnasio. Moitas veces o ximnasio abúrrenos, por iso é importante que, se podes, acudas acompañado por algún amigo ou familiar, sobre todo ao inicio. Ao final, un tira doutro, e se un día non te apetece acudir, sempre é un incentivo.
  • Escoita ao teu corpo e non compitas con outros. Sen ningunha dúbida, o teu corpo fala e debes guiarte polas túas sensacións. Cada corpo é diferente e o que vale para uns non serve para outros. Ademais, agora que a máscara é parte do noso uniforme de traballo no gym, debes afacerte a ela e ir avanzando a medida que te vaias adaptando. Así que, se acodes ao ximnasio con compañeiros, non tes que seguir o seu ritmo.
  • Non esquezas o quecemento e a volta á calma. Moitas veces descoidamos o quecemento e a desaceleración e é un erro grave, xa que son fundamentais para evitar lesións musculares. Por iso, aconsellamos que comeces cun pequeno quecemento e acabes cunha boa sesión de estiramentos. Os teus músculos agradecerano.
  • Recorda combinar o deporte cun bo descanso e unha alimentación saudable. Como sempre dicimos, o deporte debe estar acompañado por un bo descanso e unha alimentación equilibrada e saudable, polo que vos animamos a que agora que vos estades marcando un reto cara ao ano 2021, non vos esquezades de descansar as horas necesarias e de ter unha alimentación sa. Tenta escapar dos alimentos ultraprocesados e aposta pola comida tradicional.

 

Seguindo estes consellos estamos seguros de que o teu paso polo ximnasio será satisfactorio e verás como, aos poucos, convértese en parte da túa vida e que o teu corpo pedirache facer deporte.