Os nosos campus de verán 2016, de xuño a setembro

15/06/2016

Lembra que os nosos campus de verán de Máis que Auga se adaptan máis que nunca as túas necesidades. Organizarémolos desde o 27 de xuño ata a primeira semana de setembro, sen interrupción de luns a venres en horario de 9.30 horas a 13.30 horas.

Haberá a posibilidade de contratar a entrada de madrugadoiro de 8.30 horas  a 9.30 horas e tamén horario ampliado ao mediodía de 13.30 horas a 14.30  horas con ou sen comida incluída. Tamén existirán descontos por ser socios ou por irmáns. Todas as reservas que se realicen antes do 17 de xuño, teñen un desconto especial.

Os destinatarios, nenos de 2-14 anos nas instalacións de Navia, e de 4 a 14 nas de Barreiro. E a temática, aproveitando o evento de Río 2016, serán os Xogos Olímpicos.

A contratación poderá ser semanal, quincenal ou mensual e os prezos van desde os 45 euros aos 312 euros.

Elixe a opción que máis che interese e déixanos facer deste verán unha experiencia inesquecible para os rapaces.

As inscricións, nas nosas recepcións a partir do 30 de maio.

Consulta aquí o plan de actividades para Barreiro e Navia, o menú e a programación diaria dos campus.