Os nosos peques non paran en Máis que Auga!

06/11/2019

A obesidade é un dos problemas que afecta aos nosos menores, nunha sociedade na que cada vez se realiza menos deporte e menos actividades de ocio no exterior e abunda a comida basura.

Dende Máis que Auga loitamos contra a obesidade infantil como sabemos: Ofrecendo multitude de divertidas actividades de ocio para as e os nosos rapaces. Temos unha enorme variedade de cursos en sala, auga e pádel, adaptados as diferentes idades e niveis e nos que se fomenta ademais do deporte, as relacións sociais, compañerismo, disciplina, constancia… e sempre da man de técnicos que saben dirixir o seu adestramento de forma profesional e divertida.

 

Auga. Dende os seis meses os nosos bebés teñen o seu lugar na piscina de  Máis que Auga co primeiro curso para bebés, no que estarán acompañados polo seu pai ou a súa nai, nunha conexión incrible case tanto para o bebé como para o adulto. E dende aquí verémolos aprender, medrar e subir de nivel (miñoca, tartaruga, calamar, xurelo cachalote, golfiño e escualo) guiados polos nosos técnicos/as.

 

Sala.  Cada vez son máis as opcións para os máis pequenos. Taekwondo é unha das clásicas e as e os nosos rapaces (de 4 a 16 anos) gozan moito coa clases de María Bautista, deportista e xuíza internacional de taekwondo. E para os que busquen algo máis relaxante, poden optar polo Ioga kids, actividade de disciplina corporal e psicológica para nenos/as de 4 a 14 años, ou polo pilates kids, que tamén busca a mellora postural, pero dunha forma divertida.

Pero non acaba aquí a oferta. Ao ritmo da música temos zumba (nas variantes de kids, para os máis pequenos, e júnior), na que a diversión e a marcha está asegurada; ou ballet kids, onde mellorarán a súa postura corporal e gañarán flexibilidade.

E todo isto sen esquecer wodfit (kids ou júnior), que consiste na realización de exercizos para mellor a axilidade e as capacidades físicas, pero sempre a través do xogo e adaptado ás idades dos protagonistas.

 

Pádel. E rematamos co pádel, que pese a fama que ten de deporte de adultos, o certo é que gusta e moito aos máis pequenos. Proba diso é o feito de que na nosa Academia de Pádel temos a 250 alumnos menores de idade. Para eles temos tres niveis: Pre-pádel (4 a 6 anos), mini Pádel (de 7 a 11 anos) e pádel júnior (de 12 a 16 anos). Ademais é o deporte ideal para practicar cos teus amigos/as e pasar un bo rato.

E non podemos rematar sen recordarvos que en Barreiro temos a Xogoteca, aberta os martes e os xoves de 18:00 a 20:00 horas (1 euro/hora). Máis que Peques, en Navia, está aberto de luns a venres (de 17 a 20:30 horas) como Xogoteca, pero ademais organiza outras actividades (como a Festa do Samaín ou talleres) e festas de cumpreanos.

Consulta os nosos horarios e busca as actividades que mellor se adaptan a ti (se es menor) ou os teus fillos/as!