Os máis pequenos fomentan a creatividade en Máis que Auga

24/07/2019

Na xeración actual dos móbiles, as  tablets e a información instantánea, parece obrigatorio que o menor estea sempre ocupado e iso non ten por que ser o mellor.

Fomentar a creatividade dos nenos, animarlles a entreterse sós é unha boa tarefa para o verán no que hai moito tempo libre. Os psicólogos infantís insisten en que non sucede nada porque un neno se aburra e consideran importante que os menores aprendan a entreterse sós. É unha forma de obrigar aos pequenos a fomentar  a creatividade, desenvolver a súa imaxinación e a mellorar a comunicación.

Nos campus de verán de  Máis que  Auga ofrecemos actividades diferentes, lonxe das  tablets. Por exemplo, nos nosos campamentos apostamos polos xogos tradicionais, cos que lles demostramos que é fácil divertirse cun pau, unha bóla, unha botella, ou unha corda…  Así mesmo, nos campus foméntase a relación entre os  críos, que coñecen a outras  personitas da súa idade, coas que pasan tempo e comparte xogos e experiencias.

Interesante este artigo de El País sobre a necesidade de que os nenos/ as aprendan a xestionar o seu tempo libre.