OS MÁIS MADRUGADORES DE MÁIS QUE AUGA

13/06/2020

Foron moi madrugadores! Había moitas ganas de volver pisar os nosos centros Máis que Auga e iso veuse reflectido no feito de que había xente esperando que abrisen as portas antes das 7 de mañá. Imposible falar con todos, pero aquí tedes a Luis, María Jesús e Óscar, que farán de voceiros de todos vós… Grazas a todos os Manolos, Nieves, Lucías, Saras, Sonias, Davides, Danieles, Maikas…. A todos e todas por seguir confiando en nós!

 

Luis López, usuario de Navia dende a súa apertura, foi un dos que entraba pola porta ás 7 de mañá, “como todos os días” comentaba, aínda que despois de tres meses de ausencia. No gym atopouse coa xente de sempre, “os que imos a esa hora” e explicou que se sentiu moi seguro en todo momento. “Vino todo perfecto, moi ben sinalizado, os protocolos moi ben explicados e a xente moi concienciada… para min, de sobresaliente”. Luis insistiu na necesidade de que todos colaboremos neste proceso, “xa que necesitamos que interioricemos o tema da limpeza das máquinas despois do seu uso . Era algo que xa deberiamos facer antes, pero dende logo agora é imprescindible. Se nos acostumamos dende o inicio, ao final sairá so. Luis era un dos habituais todos os días a primeira hora e espera poder regresar a súa rutina, aínda que recoñece que levou bastante ben o confinamento: “facía algo na casa, e cando nos deixaron comezar a camiñar, daba voltas polo barrio, pero a verdade é que o botaba de menos “vir a sala fitness, as máquinas… Eu fago algo de mantemento, e a verdade é que me ven moi ben e estou moi contento”.

 

María Jesús é socia de Máis que Auga Coia e tamén era unha das que esperaba a apertura con moitas ganas, porque “levo moitos anos como socia e viña cinco días a semana”. Aínda que durante o confinamento ía facendo cousiñas na casa seguindo as clases de Casagym, “non é o mesmo en casa sola, non te metes nas clases da mesma forma… así que botaba moitísimo de menos as súas clases de pilates e mantemento. Na súa primeira experiencia na reapertura María Jesús sentiuse a gusto, segundo nos contou. “Está todo moi ben organizado e a verdade é que me sentín moi cómoda e segura. Fun a dúas clases, fixen a miña elíptica… e todo moi ben. Moi tranquila, con pouca xente… Xa falei con algunhas amigas que me preguntaron e eu lle dixen que ía seguir vindo”.

 

Óscar Filgueira foi outro dos nosos madrugadores. Ás sete en punto xa estaba no Máis que Auga de Barreiro, do que é socio dende hai moitos anos. Óscar, antes do parón obrigado, ía todas as mañás a Barreiro a primeira hora á piscina e recoñece que “tiña moitas ganas de volver e regresar á normalidade”. Destacou as medidas implementadas no centro: “está moi ben explicado todo o protocolo de seguridade, as frechas no chan, os botes por toda a instalación, a sinalización por todo o centro…”. Así que pensaba volver ao día seguinte, para desta forma, entre todos, regresar á normalidade.

 

Unha normalidade que tamén se apreciaba nas clases de dirixidas. Así Ana explicaba o protocolo antes de entrar aos seus alumnos de step, e todo foi perfecto. Cada un ocupaba o seu posto e unha vez nel, abandonaban a máscara para facer deporte moito máis cómodo. Ao remate, todos limparon o material utilizado e enseguida o persoal de limpeza pasaba unha mopa (con produto desinfectante) por toda a superficie do chan. Sn aglomeracións nas portas e gozando dun ambiente de felicidade polo regreso. E o mesmo sucedeu nas clases de mantemento ou de zumba… Todos felices ao ver que pouco  a pouco imos recuperando as nosas vidas, iso si, cumprindo as medidas de seguridade polo ben de TODOS.