OS CAMPUS MÁIS QUE AUGA VOLVEN NO NADAL!

05/12/2021

Chega o Nadal e, dous anos despois, regresan os Campus de Nadal Máis que Auga! Unha experiencia única para os nenos e nenas, na que poderán facer deporte, manualidades, xogar e pasar uns momentos divertidos, creativos e entretidos. Os nosos campus, que se celebrarán na instalación de Navia, son para nen@s de 3 a 14 anos e as actividades se adecúan aos diferentes grupos de idade. E por suposto, non faltará a visita de Papá Noel, para que os nosos pequenos/as poidan deixarlle a súa carta.

 

Cando comezará o Campus de Nadal MQA? O 27 de decembro empeza a primeira semana do campus, que vai ata o 31 de decembro. A segunda semana sería do 3 ao 7 de xaneiro e tamén existe a posibilidade de contratar a quincena completa. Ademais, os días 23 e 24 de decembro poden reservarse como días soltos.

 

Horarios. Como sempre teredes o horario habitual de 9 a 14 horas, coa posibilidade de amplialo (entrando ás 8 da mañá e saíndo ás 15:30 horas).

Actividades. Sabedes que unha das características dos nosos campus é que mesturan actividades deportivas con outras lúdicas e xogos variados. Así, teremos pádel, natación, zumba, wodfit ou ballet, pero tamén haberá xogos, dende robótica a xogos populares, para non esquecer as tradicións. Non hai tempo para aburrirse nos campus Máis que Auga, nos que ademais faremos manualidades con materiais reciclados, para darlle unha segunda ou terceira vida as cousas.

 

Por suposto, manteremos todas as medidas necesarias de prevención contra a COVID-19. Tanto nenos/as como monitores/as utilizarán máscaras e faremos limpeza dos xoguetes e aparatos que utilicen antes e despois de cada uso.

 

Nesta oportunidade non haberá saídas ao exterior, aínda que iso si, recibiremos a visita de Papa Noel, que virá a reunirse cos nosos pequerrechos, para coñecer de primeira man as súas peticións e saber como se portaron este ano!

 

Se estás interesados nos nosos campus o mellor será que te achegues ata a recepción de calquera dos nosos centros, onde te darán a información ao completo (haberá descontos para irmáns) e poderás reservar a túa praza canto antes.