OLALLA CASTRO E SONIA LORENZO, DÚAS DAS AFORTUNADAS DO SORTEO DO BLACK FRIDAY

23/12/2020

En tempos de Nadal a todos gústannos os agasallos e as sorpresas, así que ante a proximidade destas festas, en Máis que Auga decidimos que en Black  Friday non só iamos realizar unha promoción para novos abonados, senón que preparamos un concurso para os nosos seguidores nas redes sociais. Así, organizamos un sorteo entre todas as persoas que desen un like e retuitearan a nosa publicación do Black Friday. O premio ben o merecía porque era 6 mensualidades de ximnasio gratis para as cinco persoas que resultasen gañadoras. E elas son Mercé, Olalla, Sonia, Ana María e Sonya. Pleno de mulleres e todas socias de Máis que  Auga!

 

Quixemos coñecer a algunha delas e hoxe presentámosvos a Olalla Castro e Sonia Lorenzo. Olalla, de 22 anos, púxose a gritar de alegría, cando viu o seu nome etiquetado por  Máis que  Auga no facebook como gañadora do sorteo: “Sígovos no facebook e  instagram e decateime porque me  etiquetasteis e a verdade é que me puxen  súper,  súper contenta e empecei a gritar da emoción, porque seis meses gratis de ximnasio é unha marabilla!”.

 

Olalla leva unha relación intermitente con Máis que  Auga, aínda que polo que conta volveu con máis forza que nunca: “Estiven apuntada hai un par de anos ou así. Regresei este ano, pero coa corentena dinme de baixa e volvín en setembro. Aínda que inicialmente ía a Coia, agora estou a ir moito máis a Navia e vou catro ou cinco días á semana”. Afirma con rotundidade que “me gusta moito facer exercicio. Agora estoulle pillando cada vez máis o gustillo. Ademais de que me parece  super importante para estar ben fisicamente e por saúde, mentalmente vaime moi ben para desconectar e paréceme que é algo que todo o mundo debería facer”.

 

Curiosamente agora traballa fundamentalmente en sala e sobre todo con pesas, e dicimos curiosamente porque “é algo que antes non me gustaba nada e agora é o que máis me gusta”, contounos.

 

Sonia é socia de  Máis que  Auga Barreiro desde hai 15 meses, aínda que agora reparte  as súas visitas entre Barreiro e Navia, dependendo dos seus horarios de traballo. Ademais de ser abonada, tamén lle gusta seguirnos por redes e así se decatou do sorteo e non dubidou en probar sorte: “a verdade é que non adoito ser moi afortunada no xogo, pero… Esta vez si! Decatouse a través do propio facebook, cando viu publicado a listaxe dos gañadores e “foi unha agradable sorpresa!”.

 

Sonia asegura que o deporte é importante para ela e que sabe que lle beneficia, aínda que recoñece que ten épocas de parón. A pesar de todo, non dubida en sinalar que “faime sentir ben, a pesar das maniotas e ademais, gústame”. Actualmente Sonia é das habituais no Máis que  Auga, xa que vai catro ou mesmo cinco días á semana, e a súa preferencia é sala, onde fai un pouco de  cardio e pesas.

 

Elas son Sonia e Olalla, parte da familia Máis que  Auga como ti … A todos, Felices Festas!