O ying e o yang en Máis que Auga

09/11/2016

A  práctica de Tai Chi está gañando cada vez máis seguidores no centro de Máis que Auga Navia: unha actividade que se imparte todos os luns ás 11.30  horas da man de Nuria Álvarez.

Nas clases combínanse dúas disciplinas milenarias chinas: o Tai Chi e o Qi Gong que buscan a armonía entre o ying e o yang (o polo positivo e negativo da enerxía) para que o corpo e a mente se conserven sanos.

O Tai Chi ten unha orixe marcial pero actualmente practícase cunha finalidade terapéutica: é unha meditación dinámica en continuo movemento, un baile entre corpo e mente.  O Qi Gong  regula o camiño da enerxía e ten unha gran base médica: traballa a respiración e a concentración mental, tonifica o corpo, controla a ansiedade e prevé enfermedades.

A práctica do Tai Chi e Qi Gong supón unha ximnasia intensa porque os seus movementos conlevan un gran traballo físico e enerxético: a mente reláxase e tórnase máis atenta e os movementos que se fan combinan a tensión e a relaxación muscular.  O mellor destas técnicas é que cada alumno pode adaptalo ao seu propio nivel.

O prezo desta actividade é de 8,35 euros mensuais  para os socios e de 16,65 euros mensuais para os non socios.