O Wodfit tamén é para nenos

01/08/2016

Wodfit, a nosa versión do deporte comunmente coñecido como crossfit e o máis demandado en Máis que Auga, xa está adaptado para os cativos. “Facemos traballos por circuitos, traballos co seu propio peso corporal, carreiras, xogos de relevos…”, explica Brian Ferreira, o noso técnico de Barreiro, no vídeo que podes ver nesta publicación.

Esta actividade deportiva basease no incremento de dez capacidades físicas: resistencia cardiorrespiratoria e muscular, forza, flexibilidade, potencia, velocidade, coordinación, axilidade, equilibrio e precisión. Os nenos toman contacto con esta disciplina para que logo de maiores a sigan pondon en práctica.

Todos os mércores do mes de agosto nos tres centros de Máis que Auga os cativos poden desfrutar do Woftit mentras os pais realizan unha clase de Fitness Express e para rematar FestiFamily, para desfrutar grandes e pequenos xuntos na piscina.