O verán das nosas vidas en Máis que Auga!

23/06/2020

Este ano todo é diferente, así que en Máis que Auga tamén imos facer cousas distintas! Despois de tantos meses parados, necesitamos darlle ao corpo un pouco de actividade física, polo que en xullo mantemos os horarios e non imos pechar ao mediodía! Queremos que teñades todas as opcións posibles para poder vir ao ximnasio, para que gocedes das nosas piscinas, das nosas clases de dirixidas ou do pádel nas nosas pistas!

 

Temos moitas opcións de ocio para todas as idades e gustos e coas medidas de prevención necesarias para que esteades nun entorno agradable e seguro. Ademais a maior parte das clases e actividades que teredes na nosa programación estarán incluídas no abono, polo que non haberá que facer desembolsos a maiores e gozaredes dunha ampla oferta deportiva.

 

Horario:  Os tres centros abrirán de forma continuada de luns a venres durante 16 horas e media (de 7:00 a 23:30 horas), mentres que os sábados o horario será de mañá (de 9:00 a 14:30 horas). Os domingos, Navia abrirá as súas portas de 9 a 14:30 horas e acollerá aos abonados das tres instalacións.

 

Actividades dirixidas: existe unha mellor forma de pasar o rato que facendo bodypump con Xandre,  mantemento con Jana ou seguindo o ritmo a Eva ou Conchi nunha clase de zumba? Complicado! Mantemos unha ampla oferta de cursos incluídos no abono para todas e todos. E tamén para os pequenos da casa! Sabemos que en verán estades todos xuntos na casa, así que haberá unha variada programación e dous días a semana teremos dúas clases consecutivas (wodfit e zumba), para que os adultos poidan aproveitar e facer os seus exercicios sen estar mirando o reloxo. E sempre con medidas de seguridade necesarias: alfombras desinfectantes, xel hidroalcohólico, spray desinfectante, distancias de seguridade, máscaras nas zonas de tránsito… Todo o necesario para facer o que máis os gusta xunto aos nosos técnicos e co máximo nivel de protección.

 

Cursos de piscina: Xa co permiso das autoridades sanitarias, podemos celebrar cursos de natación, iso si, mantendo as distancias necesarias. Desta forma, haberá cursos para adultos incluídos no abono, o que nos permitirá gozar da piscina en actividades sen contacto con outras persoas, como aquagym, funcional, natación… Para os nenos e nenas, haberá eses cursos intensivos semanais, con cinco clases de unha hora de duración, que xa tivemos outros veráns e que tan bos resultados ofrecen para os nosos pequenos (son actividades de pago).

 

En Barreiro, pistas de pádel gratuítas para os nosos socios: Outro planazo para o verán! Os nosos socios poderán xogar ao pádel gratis nas pistas descubertas de Barreiro e invitar a tres amigos… Unha das nosas actividades deportivas favoritas para realizar cos amigos e nun entorno seguro, xa que se manteñen as distancias de seguridade e a instalación conta coas medidas de prevención necesarias.