O TROFEO DE PÁDEL CONCELLO DE VIGO CELTAMOTOR CELEBRARASE DO 1 AO 10 DE XULLO

07/06/2022

As instalacións de Máis que Auga en Barreiro e Navia acollerán entre os días 1 e  10 de xullo a oitava edición do Trofeo de Pádel Concello de Vigo Celtamotor, que se celebrará en todas as categorías, dende a iniciación ata a competición federada (masculina, feminina e mixta).

 

Na presentación participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o concelleiro de Deportes Manel Fernández; o director xeral de Máis que Auga, Francisco Cortegoso; o director do torneo, Xoel Tejo, e o director de marketing de CeltaMotor, Javier Fernández.

 

O alcalde de Vigo destacou a importancia da unión de forzas para acadar resultados, neste caso entre Máis que Auga, Celtamotor como patrocinador, e o Concello de Vigo, como institución pública. Animou a todos e todas as viguesas a inscribirse nun torneo que ten todas as categorías (dende iniciación) e destacou a calidade das instalacións de MQA e de forma moi especial do novo céspede.

 

Pola súa banda, o director xeral de MQA, Francisco Cortegoso, sinalou que o obxectivo para este ano é superar o número de 600 inscritos e “en breve, conseguir o récord galego de inscricións que agora mesmo está en 800 participantes”. Cortegoso destacou a aposta de Máis que Auga polo pádel e recordou q a academia MQA ten actualmente 700 alumnos/as, sendo a máis grande de Galicia

 

O prazo de inscrición no torneo abriuse hoxe e finalizará o 27 de xuño. O prezo da mesma é de 16 € por persoa e hai un coste 4€ de seguro de accidente para categorías non federadas e primeira inscrición. Como agasallo pola inscrición cada participante recibirá un suadoiro e haberá 3.000 euros en premios.

 

A inscrición debe realizarse na seguinte ligazón:

Hai que recordar que o Trofeo de Pádel Concello de Vigo regresa despois de dous anos de ausencia pola pandemia da COVID-19 e apréciase no ambiente moitas gañas de volver competir.