O TORNEO CONCELLO DE VIGO DE PÁDEL CELEBRARASE DO 29 DE XUÑO AO 7 DE XULLO

21/06/2019

As instalacións de Máis que Auga en Barreiro e Navia acollerán entre os días 29 de xuño e 7 de xullo a sétima edición do Trofeo de Pádel Concello de Vigo, que se celebrará en todas as categorías, dende a iniciación ata a competición federada (masculina, feminina e mixta).

O prazo de inscrición no torneo finalizará o luns 24 de xuño. O prezo da mesma é de 15 € por persoa e hai un coste 3€ de seguro para categorías non federadas e primeira inscrición. Os participantes aseguran a disputa dun mínimo de dous partidos, xa que hai un cadro de consolación en todas as categorías.

 

Na edición do pasado ano houbo unha participación de 530 deportistas e a organización confía en poder estar nun número similar de participantes. Ademais, na primeira categoría federada participan as mellores palas de Galicia, ao ser un torneo catalogado de nivel Ouro pola Federación Galega de Pádel. O torneo conta ademais con premios importantes, valorados en máis de 6.000 euros (3.000 euros para a primeira categoría masculina e feminina).

 

A inscrición debe realizarse no seguinte enlace:

 

Pica aquí