fbpx
  • glGalego
  • esCastellano

Máis que Auga | Gimnasio en Vigo | Piscina | Pádel

As mellores instalacións deportivas de Vigo

  • MÁIS QUE AUGA
    • SOBRE NÓS
    • NOVAS CORPORATIVAS
    • EQUIPO PROFESIONAL
    • TRABALLA CON NÓS
    • MÁIS QUE UN PLAN
    • CONTACTO
    • PROTOCOLO COVID
  • ACTIVIDADES
    • AUGA
    • SALA
    • PÁDEL
  • XIMNASIOS
    • BARREIRO
    • COIA
    • NAVIA
  • NOVAS
    • NOVAS
    • WEBINARS
    • VÍDEOS
    • FOTOS
  • FAITE SOCIO
    • FAITE SOCIO
    • ÁREA DO SOCIO
    • VANTAXES EXCLUSIVAS
  • AFORO
    • XERAL
    • PISCINA, SPA E SALA FITNESS

O teu equipo: Técnicos de actividades de sala

  • Home
  • O teu equipo: Técnicos de actividades de sala
  • NURIA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ
    NURIA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ
    Vigo, 1970
  • PABLO BARCIELA CASTRO
    PABLO BARCIELA CASTRO
    Vigo, 1988
  • MARÍA BAUTISTA MAESTRE
    MARÍA BAUTISTA MAESTRE
    Vigo, 1978
  • ALEJANDRO BREA LÓPEZ
    ALEJANDRO BREA LÓPEZ
    Cádiz, 1985
  • JESÚS CABEZAS ABALDE
    JESÚS CABEZAS ABALDE
    Vigo, 1987
  • BLANCA BRUZON BANDEIRA
    BLANCA BRUZON BANDEIRA
    Vigo, 1992
  • NEREA CASTRO SANTOS
    NEREA CASTRO SANTOS
    Vigo, 1986
  • SANDRA COLLAZO FERNÁNDEZ
    SANDRA COLLAZO FERNÁNDEZ
    Vigo, 1974
  • EDUARDO DAVILA LÓPEZ
    EDUARDO DAVILA LÓPEZ
    Vigo, 1982
  • VICTOR DA ROCHA LAGE
    VICTOR DA ROCHA LAGE
    Vigo, 1989
  • RAPHAEL DE SOUSA CARBALLO
    RAPHAEL DE SOUSA CARBALLO
    Río de Janeiro, 1981
  • AITOR DOMÍNGUEZ TORREALDAY
    AITOR DOMÍNGUEZ TORREALDAY
    Vigo, 1982
  • MANUEL FIDALGO OITAVÉN
    MANUEL FIDALGO OITAVÉN
    Fornelo de Montes, 1987
  • PABLO GESTIDO COSTAS
    PABLO GESTIDO COSTAS
    Moaña, 1986
  • SEBASTIÁN GÓMEZ REYES
    SEBASTIÁN GÓMEZ REYES
    Bucaramanga (Colombia), 1995
  • JUAN GONZÁLEZ CARBALLAL
    JUAN GONZÁLEZ CARBALLAL
    Ribadavia, 1982
  • ADRIÁN HARO LORENZO
    ADRIÁN HARO LORENZO
    Vigo, 1987
  • DANIEL IGLESIAS GARCÍA
    DANIEL IGLESIAS GARCÍA
    Vigo, 1993
  • JANAINA NOGUEIRA PAIVA
    JANAINA NOGUEIRA PAIVA
    Sao Paulo, 1978
  • CONCHY MARTÍNEZ CARBALLO
    CONCHY MARTÍNEZ CARBALLO
    Redondela, 1973
  • FLAVIANA OZINETE DE ALENCAR
    FLAVIANA OZINETE DE ALENCAR
    Río de Janeiro, 1981
  • ALEJANDRO PÉREZ PÉREZ
    ALEJANDRO PÉREZ PÉREZ
    Vigo, 1976
  • YAGO PICHEL ABALDE
    YAGO PICHEL ABALDE
    Vigo, 1987
  • JOSÉ ADRIÁN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
    JOSÉ ADRIÁN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
    Vigo, 1987
  • EVA SÁNCHEZ IGLESIAS
    EVA SÁNCHEZ IGLESIAS
    Vigo, 1982
  • CHARLES SARAIVA PIRES
    CHARLES SARAIVA PIRES
    São Paulo, 1979
  • CARLA PAOLA STRICOLI GOZZA
    CARLA PAOLA STRICOLI GOZZA
    Vigo, 1987
  • FERNANDO VÁZQUEZ LORENZO
    FERNANDO VÁZQUEZ LORENZO
    Vigo, 1978
  • ANDRÉS VIANA GARCÍA
    ANDRÉS VIANA GARCÍA
    Vigo, 1990
  • ANA BELÉN VIEIRA AGUAYO
    ANA BELÉN VIEIRA AGUAYO
    Vigo, 1978
  • JESÚS VICENTE ÁLVAREZ
    JESÚS VICENTE ÁLVAREZ
    Vigo, 1991
  • O teu equipo
  • Dirección
  • Coordinación
  • Atención ao cliente
  • Técnicos sala
  • Técnicos auga
  • Técnicos pádel
  • Equipo mantemento
  • Gabinetes tratamentos

Barreiro

  • Urania Mella Serrano, s/n 36205 Vigo
  • 986 407 245
  • barreiro@maisqueauga.com

Coia

  • Praza da Tellada s/n 36209 Vigo
  • 986 247 629
  • coia-florida@maisqueauga.com

Navia

  • Rúa Lamela s/n 36212 Vigo
  • 886 689 854
  • navia@maisqueauga.com

Suscríbete ao boletín!

Redes sociais

logo Concello de Vigologo fundacion españa activalogo FNEID
Copyright 2021 by Máis que Auga | Gimnasio en Vigo | Piscina | Pádel.
  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies
  • Política de devoluciones
NURIA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ
Vigo, 1970

Son instructora de qi gong e tai chi e podes atoparme en Máis que Auga Navia. Levo trinta anos vencellada ao mundo do deporte. Gústame aproveitar a miña experiencia para axudar aos nosos usuarios e usuarias a mellorar a súa saúde e benestar desenvolvendo a flexibilidade do corpo.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
PABLO BARCIELA CASTRO
Vigo, 1988

Son técnico de actividades acuáticas, de sala fitness e tamén socorrista en Máis que Auga Navia, onde estou comezando a miña carreira profesional. O meu rol como adestrador permíteme axudar á xente a acadar os seus obxectivos e a superar novos retos día a día. Son técnico en animación de actividades físico deportivas e graduado en ciencias da actividade física e do deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

MARÍA BAUTISTA MAESTRE
Vigo, 1978

Son adestradora de taekwondo nas tres instalacións de Máis que Auga. En 2015 recibín o premio da secretaría xeral do Deporte da Xunta de Galicia á mellor xuíz árbitro de Galicia. Son árbitro internacional de taekwondo e levo máis de 20 anos formando a nenos e nenas neste deporte. A experiencia axúdame a sacar o mellor dos nenos en cada adestramento e facerlles entender o por qué das cousas.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

ALEJANDRO BREA LÓPEZ
Cádiz, 1985

Son socorrista, técnico de actividades acuáticas e de sala fitness en Máis que Auga Navia. Coordino o grupo de running e son responsable de Máis que un Plan: un programa de actividades diferentes, moitas delas de balde, coas que ofrecemos un servizo extra no que combinar deporte, natureza, familia, ocio e saúde. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

JESÚS CABEZAS ABALDE
Vigo, 1987

Son técnico de sala e adestrador persoal en Máis que Auga Coia. Considérome un tipo alegre e cercano e creo no deporte como a base de superación persoal. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e graduado en ciencias da actividade física e o deporte. Tamén teño formación como adestrador profesional de fútbol deporte ao que sigo vinculado.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
BLANCA BRUZON BANDEIRA
Vigo, 1992

Traballo como técnico en sala en Máis que Auga Barreiro dende primavera de 2018. Sempre fixen deporte, é algo que me acompaña na vida: desde o surf á escalada. Tamén fun adestradora de ximnasia acrobática a nivel nacional. Gústame o contacto coa natureza e o exercicio en exteriores. Son técnica superior en Actividades físicas e do Deporte e teño experiencia como adestradora persoal e de grupos reducidos.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
NEREA CASTRO SANTOS
Vigo, 1986

Son socorrista e técnica de actividades dirixidas e acuáticas nas instalacións de Máis que Auga Coia. Pertenzo a este equipo dende o 2010 e anteriormente traballei en diferentes áreas deportivas e con usuarios con necesidades especiais. O que máis me importa é que a xente goce mentres se esforza en superarse.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

SANDRA COLLAZO FERNÁNDEZ
Vigo, 1974

Son instructora de zumba e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. Anteriormente traballei durante sete anos noutros centros deportivos como adestradora de fitness. A experiencia axúdame a optimizar ao máximo o esforzo e traballo dos meus alumnos.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

EDUARDO DAVILA LÓPEZ
Vigo, 1982

Son técnico de sala e de actividades dirixidas como pilates ou bodycross e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. Anteriormente fun preparador físico de distintos equipos da cidade. Experiencia que é clave no meu traballo diario para a prevención de lesións entre os nosos usuarios e usuarias. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte e máster en prevención e recuperación de lesións.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

VICTOR DA ROCHA LAGE
Vigo, 1989

Son técnico deportivo en boxeo e kickboxing nas tres instalacións, onde traballo desde 2013. Algúns dos meus alumnos, chegaron a obter o primeiro posto en competicións autonómicas. Na actualidade tamén son árbitro de boxeo. Ademais traballo no departamento de atención ao cliente, ámbito no que me considero unha persoa con gañas de axudar aos demais, organizada e responsable. Son técnico superior en administración e finanzas.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

RAPHAEL DE SOUSA CARBALLO
Río de Janeiro, 1981

Son técnico de sala e de actividades dirixidas como bike e pilates e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Navia, onde cheguei tras traballar nas instalacións de Coia como técnico. Levo máis dunha década no ámbito do fitness, experiencia que me permite explicarlle aos nosos usuarios e usuarias o porqué dos nosos exercicios. Son licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

AITOR DOMÍNGUEZ TORREALDAY
Vigo, 1982

Son técnico de sala fitness e adestrador persoal nas instalacións de Máis que Auga Navia. Teño moita experiencia no traballo con adolescentes e no adestramento de crossfit; o deporte de alta intesidade enriquece moito o meu traballo diario. Son técnico especialista en adestramento funcional.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

MANUEL FIDALGO OITAVÉN
Fornelo de Montes, 1987

Son técnico de sala fitness e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Navia, onde cheguei tras adicarme durante moitos anos ao mundo do fútbol. A miña experiencia, tanto no adestramento persoal como de grupo, é o puntal sobre o que sosteño os meus obxectivos profesionais. Son licenciado en actividades físicas e do deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

PABLO GESTIDO COSTAS
Moaña, 1986

Son técnico de sala fitness e de actividades dirixidas e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Barreiro. A miña bagaxe profesional reside no ámbito do adestramento persoal e a iniciación deportiva no ámbito da saúde, sobre todo con persoas da terceira idade. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte e máster en actividade física e saúde con especialidade en promoción de actividades físicas saudables e prescripción de exercicio en patoloxías.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

SEBASTIÁN GÓMEZ REYES
Bucaramanga (Colombia), 1995

Son técnico de actividades dirixidas en Máis que Auga Navia e podes atoparme nas clases de zumba. Creo que levo o ritmo no sangue porque o respiraba xa dende pequeno. Son técnico superior en Actividades Físicas e Deportivas e actualmente completo os meus estudos de Ciencias da Actividade Física e Deportiva. Son socorrista.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
JUAN GONZÁLEZ CARBALLAL
Ribadavia, 1982

Son técnico de salas fitness e de actividades acuáticas en Máis que Auga Navia. Levo anos adicándome á dinamización deportiva, encántame  intentar sacarlle sempre un sorriso aos clientes. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

ADRIÁN HARO LORENZO
Vigo, 1987

Son técnico en sala fitness e actividades dirixidas. Podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai seis anos. Teño experiencia como adestrador en varias disciplinas deportivas e diferentes idades: fútbol, auga e fitness. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

DANIEL IGLESIAS GARCÍA
Vigo, 1993

Son técnico de sala en Máis que Auga Navia, tras pasar por Barreiro. O deporte relaciónoo con emocións fortes e ao aire libre. Pero o que me gusta de verdade é sacarlle un sorriso á xente co meu traballo. Formeime como técnico en Actividades Físicas e Deportivas e como adestrador persoal. Son instrutor de LesMills.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
JANAINA NOGUEIRA PAIVA
Sao Paulo, 1978

Son técnica de actividades acuáticas e actividades dirixidas como tonificación e zumba e podes atoparme en Máis que Auga Navia. Levo quince anos traballando como técnica de actividades dirixidas e estou especializada en técnicas hipopresivas e fitness para embarazadas. Nas miñas clases a alegría é parte indispensable do adestramento. Son licenciada en actividades físicas e do deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

CONCHY MARTÍNEZ CARBALLO
Redondela, 1973

Son técnica de sala en Coia. Traballei nos últimos vinte e cinco anos como monitora e adestradora persoal en centros deportivos de varias localidades de Pontevedra e penso que as claves do meu traballo son a intuición e a perspicacia, xunto ao resto dos sentidos. Son técnica deportiva acreditada pola Federación Española de Taekwondo e árbitro nacional da especialidade. Teño formación como instrutora de distintas especialidades fitness, aerobic, step ou zumba.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

FLAVIANA OZINETE DE ALENCAR
Río de Janeiro, 1981

Son técnica de sala fitness e de actividades dirixidas e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai seis anos. Teño unha gran bagaxe como adestradora persoal en diferentes áreas: gap, spining, pilates, ioga, power… Son unha namorada do pilates co que descubrín que non hai límites para mellorar a condición física. Son licenciada en educación física e máster en recuperación do músculo esquelético.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

ALEJANDRO PÉREZ PÉREZ
Vigo, 1976

Son técnico de sala e podes atoparme en Máis que Auga Navia. Teño máis dunha década de experiencia como monitor de piscina e sala, na que tamén traballei coordinando instalación deportivas e proxectos técnicos. Son técnico superior de Actividades Físicas e Deportivas e técnico superior en Nutrición e Alimentación.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
YAGO PICHEL ABALDE
Vigo, 1987

Son técnico de sala fitness e de actividades dirixidas e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. A miña bagaxe como adestrador persoal en diferentes centros deportivos e como preparador físico de fúbtol danme unha visión diferente e creativa para axudar á xente a gozar co esforzo. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

JOSÉ ADRIÁN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Vigo, 1987

Son técnico de sala e adestrador persoal en Máis que Auga Barreiro. Conto con ampla experiencia como adestrador persoal. A experiencia que aporta o contacto directo co cliente é unha formación clave para o noso traballo. Son licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Márketing e Xestión de Eventos.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest
EVA SÁNCHEZ IGLESIAS
Vigo, 1982

Son técnica de actividades dirixidas e podes atoparme nas instalación de Máis que Auga Coia. Levo unha década traballando no mundo do fitness e do adestramento persoal e as técnicas hipopresivas son a miña especialidade. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

CHARLES SARAIVA PIRES
São Paulo, 1979

Son técnico de sala en Barreiro e Navia. Levo vinte anos vinculado ao mundo do fitness entre Brasil, Gerona e Barcelona. O que me gusta de verdade no meu traballo é dirixir actividades deportivas e observar o traballo dos meus alumnos desde unha perspectiva de progreso. No deporte como na vida considérome unha persoa esixente. Son técnico en Actividades Físicas e Deportivas.

CARLA PAOLA STRICOLI GOZZA
Vigo, 1987

Son técnica de actividades dirixidas e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. Anteriormente adiqueime a actividades de cara ao público en diferentes organismos, e aos adestramentos en grupo como step, zumba, power, gap ou pilates. Gústame que a xente aprenda a gozar rendendo ao máximo. Son técnica superior en animación de actividades físicas e deportivas.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

FERNANDO VÁZQUEZ LORENZO
Vigo, 1978

Son técnico de sala fitness e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro, onde traballo dende hai seis anos. Teño gran experiencia na xestión de centros deportivos e en traballos de forza, tonificación e musculación. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

ANDRÉS VIANA GARCÍA
Vigo, 1990

Son técnico de sala fitness e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. A miña experiencia en varios centros deportivos e escolares especializoume no adestramento funcional con materiais novos e creativos que permiten optimizar todo o corpo. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte e máster en dirección de proxectos deportivos.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

ANA BELÉN VIEIRA AGUAYO
Vigo, 1978

Son técnica de actividades dirixidas como pilates e actividades coreografiadas e podes atoparme en Máis que Auga Navia. A miña paixón polo pilates comezou como clienta, tras o que decidín pasarme ao ‘lado oscuro’ e comezar a ensinar. Son tan esixente conmigo mesma como cos nosos usuarios e usuarias.

FacebookTwitterGoogle+LinkedinPinterest

JESÚS VICENTE ÁLVAREZ
Vigo, 1991

Son técnico de sala, actividades dirixidas e auga. Podes atoparme en Máis que Auga Navia, onde estou a comezar a miña carreira profesional. Considérome unha persoa tímida e introvertida, pero cando traballo convértome nunha alguén moi expansivo e dinámico, capaz de conectar intensamente coas persoas. Son técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

  • MÁIS QUE AUGA
    ▼
    • SOBRE NÓS
    • NOVAS CORPORATIVAS
    • EQUIPO PROFESIONAL
    • TRABALLA CON NÓS
    • MÁIS QUE UN PLAN
    • CONTACTO
    • PROTOCOLO COVID
  • ACTIVIDADES
    ▼
    • AUGA
    • SALA
    • PÁDEL
  • XIMNASIOS
    ▼
    • BARREIRO
    • COIA
    • NAVIA
  • NOVAS
    ▼
    • NOVAS
    • WEBINARS
    • VÍDEOS
    • FOTOS
  • FAITE SOCIO
    ▼
    • FAITE SOCIO
    • ÁREA DO SOCIO
    • VANTAXES EXCLUSIVAS
  • AFORO
    ▼
    • XERAL
    • PISCINA, SPA E SALA FITNESS
Las cookies deben de ser aceptadas expresamente. No se puede permitir la navegación si no se acepta expresamente la política de cookies. Acepto+info