O teu corpo quere máis, dállo

26/01/2017

Comezaches xa a túa lista de propósitos para o 2107?  Ou aínda segues buscando excusas para apuntarte ao ximmasio, baixar de peso e practicar hábitos saudables? O propósito de Máis que Auga este ano é: rematar coas excusas! Por eso dámoste a ferramenta para que ti tamén acabes con elas. Se te das de alta entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro en calquera das nosas instalación de Barreiro, Coia e Navia regalámoste un curso de pago durante un mes cun dos nosos técnicos.

Podes escoller entre todas as nosas clases de pago: pádel, natación, aquagym, wodfit, kickboxing, hipopresivos, pilates, tai chi, ioga e fitmon.  Elixe a que crees que máis se adapta ao teu perfil e goza dun adestramento personalizado, profesional e motivador.  Nas instalación de Máis que Auga descubrirás que somos máis que un ximnasio e que a práctica deportiva e de vida sana non se sufre, se goza! Así que non o dubides: se o teu corpo quere máis, dállo!