O step é cousa de homes

27/11/2016

Quen dixo que o step non era cousa de homes? David Fernández ten 52 anos, é conductor de ambulancias e adicto ás clases de step de Máis que Auga dende que abrimos as nosas intalacións.

David leva practicando deporte dende hai máis de 20 anos pero a súa vida cambiou cando atopou o step. Antes facía pesas: “O típico que facemos todos os homes no ximnasio”, dí. David recoñece que esta actividade o aburría por eso cando entrou na súa primeira clase o step atrapouno para sempre.

Ás veces coincide con algún home nas clases, como o día que lle facemos esta entrevista pero non é o habitual. David recoméndalle a todos que se animen a practicar o step por varias razóns: “É un exercicio aeróbico intenso, mellora a coordinación e axúdanos a ter ritmo, algo que aos homes vennos moi ben porque somos moi patosos” Outros beneficios que aporta o step é que obriga a exercitar a memoria porque hai que lembrar os pasos nas coreografías.

David tamén vai a clases de zumba e latino, pero como o step nada: “É un vicio que xa non podo deixar, cando entro nas clases de step xa podo ter  coarenta mil preocupacións que as esquezo todas”, asegura.  Así que xa o sabedes homes de Máis que Auga… a que agardades para ser un máis nas clases de step?

,