E seguimos preparando actividades para as fins de semana no exterior! O vindeiro sábado 28 de outubro tócanos coller a bicicleta de montaña para facer un roteiro precioso pola costa de Baiona duns 30 quilómetros de percorrido e de dificultade media-baixa.
Xa sabemos que queredes coñecer a planificación, así que aí imos! Sairemos ás 10:00 horas desde o aparcadoiro da praia de Ladeira (abaixo atoparedes a ligazón ao lugar de saída). Sairemos pola senda cicable (vía para bicis e peóns) en dirección a Cabo Silleiro e continuaremos en dirección sur ata Mougás. Ao final son 30 quilómetros (ida e volta) por terreo firme ou asfaltado e no regreso teremos a opción de volver polas ruínas das antigas baterías costeiras de Cabo Silleiro, proposta que aumentará o desnivel. A duración aproximada da actividade é dunhas tres horas, mantendo un ritmo cómodo e alcanzable para todos/as.
E non poden faltar as nosas recomendacións! A primeira é que esteades moi pendentes do tempo, porque con estes días de choiva e vento, imos confiar en que nos dea unha tregua para poder saír a facer deporte. E unha vez confirmada a saída, non esquezades levar roupa de abrigo ou choiva, ademais de algo para comer ou beber durante a travesía.
Por suposto, é imprescindible ter bicicleta e casco propios, así como un móbil coa aplicación strava, para poder seguir o percorrido.
Aquí deixámosvos as ligazóns co punto de saída e o roteiro en strava, para que poidades consultalos.
Esta temporada, los precios de las actividades Outexperience por salida son de 4,35 euros para adulto no abonado/a, mientras que para nuestros socios/as se queda al cincuenta por ciento (2,15€). Pero, si eres uno de los habituales OutExperience, te interesará el abono por temporada, ya que si eres socio/a te saldrá todo por 20 euros y en el caso de no serlo, 40€.
Por último, recordaros que los participantes deberán tener contratado el seguro anual obligatorio para poder realizar actividades en el exterior, que tiene un precio de 11 euros y un año de vigencia. Todas las personas interesadas pueden reservar plaza en la recepción de nuestros centros.