O SÁBADO 18 IMOS AO MONTE GALIÑEIRO COA BICI DE MONTAÑA

09/12/2021

Seguimos coas nosas actividades #OutExperience! O sábado 18 de decembro faremos un roteiro de bici de montaña no Monte Galiñeiro! Será unha ruta circular de aproximadamente 15 quilómetros, aínda que tamén teremos unha versión máis curta para os principiantes.

 

Queredes coñecer o plan? Sairemos ás 10:00 dende o merendeiro de Galiñeiro e farase un percorrido circular que rodea o monte Galiñeiro e a zona do Castro Herville (Mos). En total 15,6 quilómetros cun desnivel de 450 metros e unha duración aproximada de hora e media. Pero temos plan B: Para todas esas persoas que estean comezando coa bicicleta ou que veñan con pequerrechos/as, faremos unha ruta máis curta, de 5 ou 6 quilómetros, rodeando o Monte Galiñeiro.

 

A continuación, deixámosvos a ligazón co punto de saída, así como ao percorrido, para que poidades botarlle unha ollada ao mesmo.

Recordade que para sumarvos a este planazo necesitades unha bicicleta propia e o casco correspondente, obrigatorio, así como un móbil coa APP Strava para seguir o percorrido. E, dependendo do tempo, un chuvasqueiro para ir protexidos e abrigados, así como unha botella de auga e algo de avituallamento (opcional).

 

Todas as persoas interesadas poden reservar a praza na recepción dos nosos centros ata completar o grupo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4 euros pola saída.

 

Como ven sabedes, comezamos no mes de outubro coas saídas en bicicleta de montaña e esta actividade á realizamos sempre o terceiro sábado de cada mes, nunha ruta que nos permitirá unir actividade física con natureza e convivencia cos amigos ou familia.