O sábado 12 de marzo, clase especial de Hipopresivos en Coia

06/03/2016

¿Coñeces os exercicios hipopresivos? O próximo sábado 12 de marzo teremos en Máis que Auga Coia unha clase especial na que descubrirás unha nova forma de cuidar o teu corpo.
As técnicas hipopresivas consisten en exercicios posturales e respiratorios que achegan múltiples beneficios e melloras na saúde, no rendemento deportivo e estéticas. Os exercicios reducen as dores de costas, aumentan a capacidade respiratoria, melloran a postura do corpo e tamén permiten reducir a cintura.
Para esta clase especial de exercicios hipopresivos contaremos coa participación da monitora Eva e da fisioterapeuta de Máis que Auga Navia, Natalia.
Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse en calquera das recepcións dos nosos centros (Barreiro, Coia e Navia). Hai 30 prazas dispoñibles.

Onde: Máis que Auga Coia
Cando: Sábado 12 de marzo, ás 11:45 horas
Custe: 2 euros socios; 4 euros, non socios