Do 9 ao 22 de setembro descobre o pádel en Máis que Auga

06/09/2019

Do 9 ao 22 de setembro celebrarase nas instalacións de Máis que Auga Navia e Barreiro o programa “Descobre o Pádel co Concello de Vigo”, que ofrecerá a posibilidade de coñecer un deporte que está ao alcance de todas e todos.

 

Hoxe tivo lugar a presentación no Concello de Vigo coa participación do concelleiro de Deportes, Manel Fernández; o director de operacións de Máis que Auga, Francisco Cortegoso; e o equipo técnico de pádel de Máis que Auga, que será o encargado de desenvolver este proxecto.

 

Francisco Cortegoso explicou que son unhas xornadas de portas abertas en todos os horarios e para todo o público (de nenos a maiores) e que Máis que Auga facilita todo o material: “deixamos as pas, bolas e os técnicos que dirixirán ás clases, para que a xente coñeza este deporte, as nosas instalacións e a metodoloxía de traballo que utilizamos na nosa academia”. En total serán 500 prazas postas a disposición de todos os interesados que so teñen que inscribirse na páxina web para reservar os horarios que máis lle conveñan.

Máis que Auga xa ten experiencia con este tipo de iniciativas, porque dende hai anos celebra a Semana de Portas Abertas, para que aqueles que non coñezan o pádel, podan acceder a el de forma gratuíta e descubrilo.

 

A celebración do World Pádel Tour en Vigo provocou un maior interese por parte do público cara a este deporte, que se pode practicar dende o inicio: “É un deporte social, ao que pode chegar todo o mundo. Na nosa academia temos 8 niveis diferentes, así

que ninguén debe preocuparse xa que xogará con e contra xente de características similares”. Dende o paso do WPT por Vigo notouse un incremento nos accesos ás instalacións de pádel de Máis que Auga, que poden estar en torno aos 3.000 accesos ao mes, e a Academia de MQA conta con 800 alumnos/as.