O PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO, CHEO DE ACTIVIDADE OUTEXPERIENCE

27/01/2024

Comeza o ano 2024 e con el unha programación OutExperience que pretende satisfacer a todas e todos. Neste primeiro trimestre do ano haberá andainas, saídas en bicicleta de montaña ou iniciación ao trail, pero tamén as nosas clases de marcha nórdica, os adestramentos do grupo de running ou as primeiras probas do circuito Run Run Vigo 2024.

 

No mes de xaneiro comezamos coa preparación da Vig-Bay, cun adestramento especial que se celebra os sábados, pero sen descoidar o resto das nosas actividades. A pasada fin de semana fixemos unha saída en BTT (Herville-Galiñeiro) e ao día seguinte no mesmo entorno realizamos unha andaina e una proba de iniciación ao trail. Por suposto, continuamos cos adestramentos habituais do grupo de running (luns e mércores), a clase de marcha nórdica os mércores (que en inverno cambiou de hora para aproveitar a luz solar) y a participación nas diferentes probas de running ou trail.

 

Así, o domingo 28 de xaneiro teremos a primeira proba Run Run, que será a emblemática subida ao Castro, a proba máis curta do circuíto, pero tremendamente dura por ser una costa continuada e chea de escaleiras.

 

Febreiro

Continuarán a nosas clases durante o mes de febreiro, no que temos que destacar o Trail do Aloia, no que participará o equipo MQA, así como as saídas que se celebrarán os días 17 e 18, organizadas por Máis que Auga. O 17 de febreiro faremos a nosa saída mensual en BTT, que nesta ocasión nos levará dende o CUVI ata Beade. Ademais, o 18 de febreiro contaremos cunha dobre actividade: Andaina e iniciación ao Trail en Fragoselo.

 

Marzo

O mes de marzo está completo de actividades, con probas da Run Run, de trail, as nosas saídas e os adestramentos habituais. Sen tempo para aburrirse!

Con respecto a Run Run, o día 3 celebrarase o 5+5 do Calvario, mentres que o 17 terá lugar o 10 quilómetros de Teis. Pero es que ademais, o 3 tamén se celebrará a proba de trail Muiños do Folón e o sábado 23, o X Desafío Oia, polo que os amantes do trail tamén contarán cunha interesante oferta.

 

Pero queda o máis importante, a nosa propia programación! Para o sábado 16 o noso técnico OutExperience, Dani Domínguez preparou unha saída en bicicleta de montaña dende o Lagares, pasando por Cabo Estai e rematando en Bouzas. E o domingo 17 novamente reunirémonos os amantes das camiñadas e da natureza. Teremos tanto andaina como iniciación ao trail pola zona de Patos e Monteferro, así que un “chute” de enerxía para o corpo e os ollos.

 

No documento adxunto, tedes o calendario OutExperience deste trimestre e a continuación tamén os deixamos toda a información de como apuntarvos a estas actividades.

Se estades interesados/as, so tedes que achegarvos ata a recepción de calquera dos nosos centros. Podedes contratar as actividades tanto soltas como nun abono por tempada. Unha saída solta ten un custe de 4,35 euros para adulto non abonado/a, mentres que para os nosos socios/as queda ao cincuenta por cento (2,15€). No caso dos abonos, se es socio/a sairache todo por 20 euros e no caso de non selo, por 40€.

 

Por último, lembrarvos que para o programa OutExperience ou para calquera actividade que realices no exterior, é necesario contratar o seguro anual obrigatorio, que ten un prezo de 11 euros e un ano de vixencia.