Mujer en un gimnasio de Vigo

O pasaporte á motivación

11/01/2017

Noemí Castillo non pudo empezar mellor o ano, no que ao ámbito deportivo se refire. Esta estudiante de 24 anos tivo que deixar a súa rutina en Máis que Auga no mes de setembro por cuestións profesionais. Co inicicio do ano retomou a súa lista de propósitos e o seu adestramento nas nosas instalacións de Navia.

O primeiro cambio que se atopou Noemí é que agora existe un pasaporte para ir directo á motivación: co Pass Sport Máis que Auga consigues un premio se realizas as probas que che propoñemos. O técnico sélate cada unha delas e unha vez completadas todas facémoste un agasallo sorpresa. Tranquilo: tes catro semanas para realizalas!

No seu primeiro día Noemí  fixo xa unhas cantas: abríu un perfil no training gym, validou a súa sesión, participou nunha clase de fitness express e por suposto fíxose seguidora de Máis que Auga nas redes sociais. Agora quédalle completar o circuito de spa e ir a unha clase de proba de piscina.

Noemí asegura que non necesita as catro semanas para conseguir o pasaporte, cree que antes de que chegue o venres terá feito todas.  Nos asegura que está encantada con esta iniciativa porque lle obriga a probar cousas que se cadra non probaría de non ser polo Pass Sport. Así que xa o sabes: pídelle ao técnico de sala que che dea o teu pasaporte e a viaxar por Máis que Auga!