O pádel en Máis que Auga é de récord

21/11/2018

A participación de abonados nos cursos de pádel de Máis que Auga continúa batendo récords. No mes de novembro foron 677 persoas inscritas nas sesións formativas da Academia de Pádel en Barreiro e Navia. Esta cifra supera o récord histórico anterior acadado en abril deste mesmo ano. O rexistro de novembro supera tamén en máis dun 5% as inscricións dos mesmo mes en 2017.

A ese número súmanse un centenar de alumnos que participan nas clases persoais da Academia de Pádel Máis que Auga, para chegar a unha cifra de 800 persoas que se benefician deste servizo.

Como explica o responsable da Academia, Jaime Barral, “manter ese nivel de confianza é o resultado de aplicar unha metodoloxía baseada no noso grupo de adestradores profesionais, e especializada na iniciación ao pádel a calquera idade”.

Este sistema de adestramento permite unha toma de contacto fluída co deporte ao tempo que, sobre todo no caso dos máis pequenos, se convirte nun reto estimulante para progresar na aprendizaxe.

Nos niveis superiores, os usuarios poden formar parte dalgún dos equipos de pádel Máis que Auga, masculino ou feminino, e competir nas ligas en marcha ao longo do ano: as Series Nacionais, de setembro a xaneiro, e a Liga das Rías Baixas, de xaneiro a xuño. Neste momento uns corenta usuarios e usuarias participan deste reto da competición.

A Academia de Pádel Máis que Auga ofrece durante todo o ano cursos para todos os niveis e en todas as categorías, desde os máis pequenos ata os adultos. En Barreiro e Navia, Máis que Auga dispón das mellores instalacións cun total de 16 pistas cubertas de última xeración. Os usuarios poden reservar pista online desde a propia web Máis que Auga e poden integrarse no grupo propio de whatsapp para organizar os seus partidos. Este ano ademais, Máis que Auga conta cun horario ampliado tamén aos domingos de tarde na instalación de Navia.