O NOSO SOCIO SERGIO DAVILA, SATISFEITO CON TG DIET

15/08/2021

No mes de xullo estreamos, na APP  Máis que  Auga, un novo servizo, Trainingym  Diet, que é un módulo de xeración de dietas creadas por  nutricionistas licenciados. TG  Diet xera plans de alimentación saudable dotados de respaldo profesional e científico.

 

Sergio  Davila, de 25 anos, é un dos socios de  Máis que  Auga Barreiro que se animou a probar o plan de alimentación de Trainingym  Diet. Sergio chegou á familia  Máis que Auga hai só uns días e, no seu primeiro día de ximnasio, decidiu contratar o plan de alimentación. “Dinme de alta o martes 3, coincidindo co meu primeiro día de ximnasio e tras falar coa monitora. Ela preguntoume cal era o meu obxectivo ao vir ao  gym e comenteille que a idea era subir de peso, polo que aconselloume incorporar a parte da dieta ao adestramento. Comentoume como funcionaba, que se incluía na aplicación a dieta para cada día (dependendo de se adestraba ou non) e o resto de opcións que, xunto co prezo mensual, parecíame interesante para incluír no meu adestramento”.

 

As súas primeiras impresións están a ser positivas: “Permíteme organizarme as comidas da semana e  pautarme as comidas do día a día. Ademais, axúdame a non repetir sempre os mesmos alimentos”, destacou Sergio, quen pensa que esta dieta axúdalle a cumprir os seus obxectivos.

 

TG  Diet é un plan que axuda ás persoas a ter unha alimentación sa e equilibrada. Presentarache unha planificación mensual de todas as comidas do día, á que poderás acceder a través da APP no teu móbil. Son menús deseñados con alimentos naturais e sinxelos de atopar, ademais de que achegará as receitas, para poder levalas a cabo. E ten unha opción moi interesante: No caso de que a comida que propoña non che guste ou ben non teñas os ingredientes para preparala, poderás pedir outras alternativas ata que deas coa adecuada.

 

Se queres probar este servizo, durante o  mes de agosto, terá un custo de só 4,99 euros ao mes e deberás contratalo na recepción de calquera dos nosos centros.