O MÉRCORES 19 ATOPA A TÚA PISADA E… PREMIOS!

17/10/2022

Sabedes o que nos gustan en Máis que Auga os xogos, os retos… Así que temos un para ti que, ademais de entreter, divertir e permitirte interactuar con outros usuarios/as do centro, permitirache levar un premio. Queres xogar?

 

Como será a dinámica? Este mércores, día 19, imos tervos ocupados. En determinados momentos do día, no acceso ao centro, aos nosos usuarios/as entregaráselles a metade dunha pisada e terán que buscar na instalación a outra parte da pegada que encaixe, que estará en poder doutro usuario/a. Hai diferentes modelos e non todos encaixan, así que teredes que fixarvos no debuxo da pegada e facer labores de investigación entre os asistentes á instalación. Para que sexa máis sinxelo aconsellámosvos poñer a pegada nun sitio visible mentres estades a facer deporte, de forma que outras persoas ao pasar poidan comparar “pisadas”.

 

E cando atopedes as dúas partes? Cando atopedes á “media laranxa”, xuntos/as vides ata a recepción. Mostrades as dúas partes, certificamos que coinciden e un de vós introducirá a man na urna para retirar a papeleta co premio que vos corresponderá, que poderá ser unha camiseta, un bidón, cursos, sesións de fisioterapia ou mensualidades en Máis que Auga gratis (haberá un premio para cada un).  En total son máis de 200 premios e un pode ser para ti!

 

Sabemos que volo ides a pasar ben xogando e despois recibiredes unha recompensa en forma de premio, así que só queremos animarvos a participar neste reto e a pasar un intre divertido connosco que, ademais, terá un agasallo.

 

Non o esquezas, o mércores 19 imos deixar pegada!