O MÉRCORES 15 DE NOVEMBRO, XOGA CONNOSCO E ATOPA O CORAZÓN ESCONDIDO!

13/11/2023

Non fai falta que vos contemos o moito que nos gustan os xogos e interactuar cos nosos usuarios e usuarias. Así que preparamos un novo para este mércores 15 de novembro nos tres centros Máis que Auga e tanto pola mañá como pola tarde. E é que aínda que non sexa 14 de febreiro, para nós “o amor está no aire” cada día.

 

Nesta ocasión é un xogo que xa usamos con anterioridade e dunha dinámica sinxela. Escondemos uns adhesivos polas tres instalacións (sala fitness, salas dirixidas, piscina, vestuarios…) e vós debedes localizalas. O adhesivo é un corazón co lema “o amor está no aire” e na parte traseira poderás atopar o premio que pode ser desde bidóns de auga, a camisetas, invitacións para coñecer o centro, cursos gratis e, os mellores, mensualidades e trimestres gratis! Serán 80 premios por centro e o que buscamos é pasar un intre entretido convosco, vendo como vos convertedes en detectives e buscades os nosos corazóns escondidos.

 

Como podedes imaxinar, o obxectivo é obsequiar ao maior número de persoas posibles, e por iso nas bases do xogo, establécese que só pode haber un premio por persoa. Así que se despois de recoller o teu, atopas outro corazón, avisa ao teu compañeiro/a de adestramento, para que tamén teña a súa sorpresa.

 

Sabemos por experiencia, que volo ides a pasar ben xogando e despois recibiredes unha recompensa en forma de premio, así que só queremos animarvos a participar neste reto e a pasar un intre divertido connosco que, ademais, terá un agasallo.

 

Non o esquezas, o mércores 15, o amor está no aire!