O mellor adestrador persoal de España

09/02/2018

En Máis que Auga estamos de noraboa! Boa parte é grazas a vós: a todos os  que apoiáchedes, coas vosas votacións, a candidatura de Aitor Domínguez, ao Premio ao  Mellor Adestrador Persoal GYM FACTORY 2017  Sí, xa é oficial: Aitor é o mellor! Coñecimos esta boa nova durante o transcurso da gala dos premios  Por un Mundo Máis Fitness en Madrid. Estes premios recoñecen o mérito de persoas e empresas españolas pola súa participación activa na difusión da actividade física e a promoción da saúde mediante a práctica de exercicio físico e hábitos de vida saudables.

Aitor Domínguez optou a este galardón xunto con outros seis adestradores de  recoñecido prestixio no mundo do fitness nacional. Falamos con Aitor momentos antes de saber que era o gañador  e recoñecía que só o feito de chegar á final era xa un premio. Agora non ten palabras. Detrás deste galardón hai moito traballo, moita seriedade e unha rigurosidade máxima á hora de desenvolver o seu labor. Asegura que para él a mellor recompensa é conseguir mellorar a calidade de vida das persoas ás que adestra. Ademáis de ser un especialista en adestramento funcional, Aitor xenera empatía e é quen de motivar á persoa coa que traballa: dous pilares básicos da súa profesión.

Traballo e paixón, son segundo o propio Domínguez, os requisitos imprescindibles para chegar a conseguir resultados. Segundo él mesmo explica, para ser un bo adestrador “É fundamental xerar confianza e seguridade no usuario, transmitirle que se está a realizar un traballo controlado e orientado ao obxectivo que él precisa”

Máis que Auga conta con deportistas  que gozan de gran prestixio e recoñecemento nos seus ámbitos deportivos: é o caso de María Bautista, adestradora de taekwondo, a quen a  Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) premiou como mellor xuiza.  Ou o noso técnicos de auga,  Alex Brea, adestrador do paralímpico Chano Rodríguez  e que recentemente foi ao Mundial de Natación Paralímpica de México formando parte do equipo de adestradores da selección española.