O MARTES 13 DE OUTUBRO CHEGA A NAVIA A REVOLUCIÓN DA AUGA CON AQUAFLASH

08/10/2020

Chega a  Máis que Auga a revolución da auga AquaFlash! Era algo no que levabamos meses traballando e que a pandemia nos atrasou un pouco, pero pensamos que agora máis que nunca é o momento de dar este salto, de presentar estas actividades novas, divertidas e dinámicas, nas que cada usuario traballará de forma individualizada, con distancia de seguridade, o seu propio soporte e, evidentemente, ao ser na auga, sen máscara.

 

O director de operacións de  Máis que Auga, Francisco Cortegoso, explícanos que estas actividades son absolutamente novas en España e que esta aposta chega para cubrir os cambios no consumo da xente. “Levamos dez anos en Vigo e neste tempo ensinamos a nadar a unha porcentaxe moi alta da poboación viguesa, pero estamos a apreciar que o usuario está a evolucionar nos seus gustos e que agora quere actividades orientadas ao lecer, adestramento ou saúde. E así, con eles,  Máis que  Auga tamén vai evolucionando”, manifestou o responsable de  MQA.

 

AquaFlash é o nome que recibirá esta revolución da auga en  Máis que  Auga, que comezará en Navia a próxima semana coa primeira actividade (AquaFlash  Bike) e iremos coñecendo as restantes aos poucos, para posteriormente estendelas a  Coia e Barreiro.

 

O martes 13 de outubro temos unha cita con AquaFlashBike, que será a primeira en darse a coñecer. En que consiste? Hai dúas modalidades diferentes: Poderiamos dicir que  BikeCycling é ciclo indor dentro da auga, pero as sensacións son diferentes e exercitas outros grupos musculares. No caso do  BikeTraining trabállase tamén o tren superior, sempre con música, un gran dinamismo e co apoio dos nosos técnicos. É unha actividade dirixida tanto a homes como mulleres e de calquera condición física, xa que as bicicletas, absolutamente novas en España, teñen a posibilidade de regular o nivel de resistencia.

 

Pero cal é a mellor maneira de coñecela? Probando! Teremos o martes 13 de outubro dúas  masterclass gratuítas. Ás 11:00 faremos a nosa clase de  FlashBike e ás 19:45 será a quenda do  FlashBikeTraining, ás que podedes inscribirvos no quiosco, na web de reservas ou chamando ao teléfono 886 689 854. Nela contaremos con Francisco Estevão, un técnico de recoñecido prestixio a nivel internacional, que foi o encargado de formar aos nosos técnicos nestas novas actividades. E despois, durante a semana, teredes novas oportunidades de probar AquaFlashBike, reservando a vosa praza no quiosco.

 

Ademais, para todos aqueles que o día da  masterclass se inscriban nesta actividade para o mes de novembro terán unha promoción: O que queda de outubro gratis e o mes de decembro, ao 50%. Consulta no noso centro as condicións.