O MÁIS QUE AUGA MÁIS UNIVERSAL: DESDE ROMANÍA A CHINA

11/03/2021

Máis que Auga é unha familia moi diversa, xa que contamos con membros de multitude de nacionalidades, culturas e idiomas. Así, formamos un colectivo moi ONU, no que todas e todos os que chegan a  Máis que Auga atópanse como na súa casa.

 

Temos socios procedentes de países moi diferentes. Así, contamos con xente de  Hispanoamérica como brasileiros, arxentinos, chilenos, bolivianos, peruanos, venezolanos, dominicanos; pero tamén moitos europeos (Alemaña, Italia, Francia, Eslovenia, Portugal, Romanía…) e tamén doutros puntos do mundo tan variados como Canadá, Indonesia, China ou Senegal.

 

Hoxe quixemos representar a nosa diversidade en dúas dos nosos socios, que compartiron connosco a súa vida e as súas experiencias. Eles son  Oana  Teodora Chis e  Daojun Zhang  Yu. Imos coñecerlles!

 

Oana Chis, de 39 anos, é romanesa, da zona norte de  Transilvania, dos  Carpatos. A nosa matemática chegou a Galicia cunha bolsa de Erasmus en 2006 e soubo que aquí se ía quedar. Regresou ao seu país para acabar o doutoramento e volveu en 2010 a Vigo, xa cun contrato de investigación. E ata hoxe. Aínda que ata aquí todo parece  idílico, a súa é unha historia de superación. “Cando levaba un ano de estancia en Vigo, atopáronme un tumor na medula e operáronme”. Despois de meses de rehabilitación na planta de lesionados modulares en Coruña, regresou a Vigo e foi entón cando se inscribiu en  Máis que  Auga, hai oito anos.

 

Por mor da operación tivo unha  hemiplexía dereita e falta total de sensibilidade no lado esquerdo do corpo, polo que afrontou, coa mellor das actitudes e un sorriso, o traballo de recuperación. “A verdade é que para min foi superar pasos aos poucos e coa axuda dos monitores. Comecei con actividades de  prepilates, estiramentos e natación”, cóntanos  Aona, quen destaca o importante que tivo para ela nadar, xa que ía apreciando a melloría e iso incentivábaa a seguir traballando. E, por suposto, quixo destacar “o apoio dos monitores, sempre axudando. Tamén hoxe en día, é o máis!”.

 

Actualmente,  Aona vai a piscina dúas veces á semana, e tamén acode ás clases de  bodycombat e estiramentos, xa que a súa recuperación será “para toda a vida. É raro de explicar, pero é unha aprendizaxe continua de como dominar e coñecer o corpo”.

 

Agora imos coñecer a  Daojun Zhang  Yu, orixinario de China. El ten 32 anos e chegou a Vigo fai xa máis de catro anos. Elixiu España e Vigo por moitos motivos, tal e como nos conta. “Pola cultura, a lingua, a natureza…”, asegurou e goza cada momento nesta a súa nova casa, absolutamente diferente ao seu país, pero onde se atopa moi integrado.

 

Daojun entrou a formar parte da familia Máis que Auga hai xa dous anos. Principalmente acode ao centro para utilizar a piscina, xa que é o que máis lle gusta. A súa actividade deportiva favorita é nadar, pero se lle preguntas que é o que máis lle gusta de  Máis que  Auga, a resposta sae inmediata e sen pensar: “Sen dúbida, a supervisión dos técnicos, que sempre están para axudarche no que necesites”, concluíu  Daojun.