O LUNS 28 COMEZA A NOSA SEMANA VERDE CHEA DE SORPRESAS!

27/12/2020

O ano 2020 non vai ser lembrado con agarimo, está claro. Así que en Máis que  Auga decidimos despedilo ao grande e darlle a benvida ao vindeiro 2021 con moitas ganas e esperanza.

 

E que preparamos? A nosa Semana Verde, que estará chea de sorpresas! Cada día da semana, a partir do luns 28 imos facer un sorteo, unha promoción ou haberá un obsequio para abonados ou usuarios de diferentes servizos das nosas instalacións. Esta semana Verde, que empeza o 28 de decembro e finaliza a noite de Reis, está dedicada a vós por estar aquí cada día, por acompañarnos nos malos e bos momentos, por seguirnos nas redes, por darnos mensaxes de ánimo e ás veces tiróns de orella…

 

Iso si, teredes que estar moi atentos ás nosas redes sociais para ver que vos temos preparado cada día, porque serán sempre diferentes e poida que vos afecte segundo cal sexa o servizo que utilicedes. Sodes dos que preferides a pa de pádel? Ou aqueles que pasan polo  fisioterapeuta? Ides contratar un novo servizo? Estades a punto de darvos de alta? Para todos e todas pode haber a oportunidade de recibir un agasallo e despedir o ano 2020 cun sorriso! Así que… Atentos ás nosas redes sociais porque cada día teremos unha proposta distinta, que pode ser a adecuada para ti!