O IX TROFEO DE PÁDEL CONCELLO DE VIGO CELTAMOTOR QUERE BATER RÉCORDS E CONVERTERSE NO TROFEO CON MÁIS PARTICIPANTES DE GALICIA

13/06/2023

O IX Trofeo de Pádel Concello de Vigo Celtamotor, que se celebrará do 1 ao 9 de xullo nos complexos de pádel de Máis que Auga de Barreiro e Navia, ten ante si un gran reto: Superar as 800 inscricións e ser así o trofeo con maior participación de toda Galicia!

 

A organización ten confianza en bater o récord, dada a evolución dos últimos anos, os resultados tan positivos das enquisas de valoración por parte dos participantes ano tras ano, e polo feito de que o boom do pádel en Vigo e máis concretamente en MQA (850 persoas na escola de pádel e 56.000 persoas que xogaron ao pádel nas súas 17 pistas) mantense vivo. En 2022, despois de dous anos de parón pola pandemia da COVID, o torneo volveu con moita forza e logrando un novo récord de participación, con máis de 600 persoas rexistradas.

 

O torneo celebrarase en todas as categorías, dende iniciación ata competición federada (masculina, feminina e mixta). A inscrición xa está aberta en https://padeltourplay.com/torneos-todos e, ademais, todas aquelas persoas que se inscriban antes do día 17 de xuño, participarán no sorteo dunha pa Víbora modelo Vibor-A Mamba Liquid Edition! Igual podes estreala no Torneo Concello de Vigo!

 

A principal novidade da edición deste ano é a incorporación da competición para menores de 7 a 17 anos, que estará dividida en dúas categorías (minipadel e pádel júnior) e cuxa inscrición será gratuíta a través deste formulario: https://forms.gle/rRLpkVUT4ZZrYGtGA . Unha fantástica forma de iniciar aos máis pequenos/as na competición nun torneo cun ambiente tan san e festivo!

 

A continuación, tedes as bases do torneo, así como as ligazóns para a inscrición tanto de adultos como de menores.