O ioga vive a súa festa en Máis que Auga

22/06/2017

A xornada do Día internacional do Ioga tivo o seu epicentro galego en Máis que Auga, onde se desenvolveron ao longo do día varias sesións abertas ao público nos centros de Coia e Barreiro.

No exterior da instalación de Coia arrancaron as actividades cunha sesión aberta as 11.00 horas, que reuniu a case 20 persoas. Foi o momento no que conectaban con Máis que Auga desde a Radio Galega para incluir unha entrevista coa instrutora Patricia Rivas. Despois iniciáronse as prácticas de respiración e quecemento, movementos de relaxación e secuencias de posturas que forman a sesión.

Pola tarde tamén houbo actividades, desta vez en Barreiro onde pouco antes das 17.00 horas comezaba a sesión infantil, tamén no exterior do centro. Segundo Patricia Rivas “co ioga para nenos os rapaces melloran notablemente a súa capacidade de concentración e engánchanse rapidamente á disciplina”. Posteriormente, dúas sesións máis para adultos completaron esta xornada conmemorativa para unha disciplina que gaña adeptos cada día, coa súa aposta polo autocontrol, a respiración e a flexibilidade para desconectar das tensións diarias e conectar co benestar.

Aquí te deixamos a entrevista  (a partir do minuto 29:10) e o video.