O GRUPO TRAVESÍAS XA ESTÁ NA AUGA!

17/10/2021

Pasou o verán, démoslle un pouco de tregua, pero co inicio do mes de outubro o grupo Travesías regresou ao seu hábitat natural: A auga. Comezaron con moitas ganas o sábado 2 de outubro en Navia, porque xa desexaban volver ver aos compañeiros, de volver traballar xunto aos seus técnicos (Alex Brea, Diego Agra e Almu López) e, sobre todo, de volver á auga.

 

Como xa sabedes durante o inverno e parte da primaveira, o traballo realízase nas nosas instalacións, alternando os centros, todos os sábados en sesións dunha hora. Normalmente reúnense de 20 a 25 persoas de idades comprendidas entre os 30 e os 65 anos (con bastante igualdade no xénero).  Alex Brea cóntanos que é un grupo bastante estable e fiel, aínda que de cando en vez incorpórase algunha persoa. Para facelo, só tes que estar rexistrado nalgún curso de natación de  Máis que Auga, e reservar a túa praza, porque hai un máximo de aforo. Así que, se queres ser un  peixeman, non dubides en preguntar aos nosos técnicos de piscina ou na recepción de calquera dos nosos centros sobre o grupo Travesías.

 

Ao regresar a normalidade, recupéranse os aforos máximos, e aos poucos volverán competir nas diferentes travesías que se realizan por Galicia, pero polo momento non existe un calendario ou obxectivos programados. O primeiro será comezar a traballar, ir mellorando e, a partir do mes de maio, volver á praia do  Vao.

 

Como e cando naceu o grupo Travesías?  Foi alá polo ano 2014 e xurdiu co obxectivo de reforzar o traballo que durante o ano se fai nos cursos de perfeccionamento e máster.  De outubro a abril trabállase nos centros e durante o verán, cambiamos as piscinas polas praias e tamén se inclúe a asistencia a travesías.

 

Travesías naceu despois do grupo de  running e aos poucos van crecendo as actividades no exterior das nosas instalacións, porque é algo que nos reclaman os nosos abonados e abonadas. Así, despois empezaron as  andainas, a marcha nórdica, o Camiño de Santiago, agora arrinca a bici de montaña… e todo iso forma parte de # OUTEXPERIENCE, a forma que ten  Máis que  Auga de vivir o deporte ao aire libre, en unión coa natureza, a familia e amigos. Contamos contigo, súmate!