O GRUPO TRAVESÍAS: COMO PEIXE NA AUGA!

10/05/2022

Como todos os anos por estas datas, o noso grupo Travesías regresa ao mar! O primeiro sábado de maio marca o reencontro coa praia do Vao, coa sensación de nadar no mar, de gozar da natureza, o deporte e os amigos nunha gran simbiose.

 

E así, este sábado 7 de maio, ás dez da mañá, celebrouse a primeira convocatoria do ano 2022 para os nosos “ peixes”. Como foi esta primeira experiencia? Fantástica! Todo se xuntou:  Moi boa temperatura, un día precioso de sol, moitas ganas de volver ao mar, xente con ganas de divertirse… E hai que destacar que se incorporou moita xente nova a esta saída ao mar. Non vos asustedes pensando que debedes ter un nivel moi alto de natación para poder participar nestas quedadas na praia, xa que se marcarán diferentes percorridos dependendo das posibilidades.

 

Aínda non se marcou un calendario de competicións, á espera de que se vaian pechando as travesías que se celebrarán este verán, pero a idea é regresar ás probas como antes da pandemia. Así que en breve, seguro que podemos ver aos nosos “ peixes” competindo de novo.

 

E lembrade que para participar neste grupo só tes que estar rexistrado nalgún curso de natación de  Máis que Auga de calquera dos nosos centros e abonar o seguro obrigatorio (10 euros) para actividades externas (cobre todo o ano). No caso de que non sexas abonado de  MQA, poderías sumarche, contratando a actividade Travesías.

 

O grupo Travesías xurdiu no ano 2014 co obxectivo de reforzar o traballo que durante o ano faise nos cursos de perfeccionamento e máster e ano a ano foi crecendo.  De outubro a abril trabállase nos centros (cada semana nun de forma alterna) e durante o verán, cambiamos as piscinas polas praias. Así que, se queres ser un  peixe máis, pregunta na recepción de calquera dos nosos centros polo grupo Travesías. Esperámosvos o sábado ás 10:00 na praia do  Vao!