O GRUPO DE RUNNING MQA COMEZA A PREPARAR A VIG-BAY

24/11/2022

É a Vig-Bay un deses obxectivos que o noso grupo de running marca en vermello ao comezo da tempada, unha das citas máis ilusionantes, e chegou o momento de empezar a pensar nela. Así, desde esta semana o grupo de running Máis que Auga comeza a preparación da Vig Bay 2023, que se celebrará o 26 de marzo do próximo ano.

 

Falamos con Alex Brea, coordinador do grupo de running en Navia, e explicounos que a partir de agora todo virará ao redor da Vig-Bay: “A partir desta semana comezamos coa preparación desta proba. Imos centrar os nosos adestramentos, esforzo e planificación na Vig Bay. Aínda que tamén participaremos nalgunha proba do circuíto Run-Run de Vigo, faremos que esa competición encaixe na planificación”.

 

E desde o grupo de running convidan a outras persoas para sumarse: “Se es dos que che gusta correr no exterior, pero necesitas obxectivos, convidámosche a sumarte ao noso grupo.  Dá igual o ritmo e o nivel que teñas, en Máis que Auga vas encaixar seguro e vas gozar desde o primeiro día”, asegurou Alex. E iso é unha realidade, porque o grupo que vas atopar é de dez: “é un grupo moi chulo, amable e acolledor”.

 

E que é o grupo de running Máis que Auga? Xurdiu hai xa máis de dez anos a solicitude dun grupo de persoas que querían levar o ximnasio á rúa, querían adestrar no exterior, pero asesorados e axudados por un profesional. E escoitámoslles! Así xurdiu o noso grupo de running, que xa é un clásico e podes ver á marea verde en case todas as carretas de Vigo e arredores.

 

Como é o funcionamento? Adestran tres días á semana pola tarde/noite: Os luns e mércores fano desde os seus centros xunto a un técnico/a MQA e o venres os integrantes dos tres grupos realizan unha sesión conxunta en Castrelos (dirixido polo técnico dun dos centros, que se van alternando).

 

Pero o mellor do grupo de running non son os resultados, a preparación ou o esforzo, que son marabillosos; o mellor son os integrantes e os lazos de unión que se crearon nestes anos. É un grupo moi heteroxéneo, con xente moi diferente, pero que encaixa á perfección e cos que o bo ambiente está garantido. Actualmente o grupo está formado por uns 150 deportistas entre Barreiro, Coia, Navia, de idades moi variadas e cunha mestura bastante homoxénea de homes e mulleres.

 

Así que xa sabes, se queres sumarte ao grupo de running do voso centro, pregunta na recepción ou a algún dos nosos técnicos/as, que estarán encantados de informarte.