Máis que Auga, os que máis corren por Vigo

29/01/2016

O equipo de running Máis que Auga recibiu o xoves 28 de xaneiro o premio ao club máis participativo no transcurso da Gala do VII Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares.

mqa-correr-vigo2Este galardón recoñece o traballo das e dos nosos deportistas, que gozan en cada carreira na que participan amosando sempre un espíritu deportivo excepcional e un grande sentido do humor cos seus disfraces (cando é posible) e bo humor (sempre). O premio foi recibido por Javier Vázquez, monitor do grupo de Coia, das máns do alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre os aplausos dos asistentes.

O equipo Máis que Auga de running, coñecido coma a marea amarela, xurdiu a través de Máis que un Plan, xa que comezou a súa andadura nas actividades ao aire libre que organizamos nesta programación. Así, pouco a pouco, foi nacendo un grupo que comezou a adestrar de forma conxunta, tanto dentro coma fóra das nosas instalación e sempre da man dos nosos monitores Fernando Vázquez (Barreiro), Javier Vázquez (Coia) e Alex Brea (Navia). Actualmente contamos con máis de 150 runners Máis que Auga.

A marea amarela acode en masa ás carreiras populares de Vigo e arredores, aínda que tamén participou en probas fóra de Galicia coma Roma, Barcelona, París, Londres, Sevilla ou Valencia. Seguro que este premio aínda os anima máis, porque somos Máis que Auga.