O GABINETE DE NUTRICIÓN DE MQA AXÚDANOS A DESMONTAR MITOS ALIMENTICIOS

27/05/2023

Existen mellores horas para tomar alimentos? É malo comer ovos todos os días? No mundo da nutrición existen unha serie de “mitos”, sen fundamento científico, que o noso gabinete de nutrición quere axudarnos a desmontar. Este mércores o noso nutricionista Víctor Vázquez ofreceu unha charla desas que sempre nos gustan. O título dio todo: “Desmontando mitos” e iso foi o que fixo Víctor, romper algunha desas afirmacións que se repiten como un mantra, porque “unha mentira, aínda que se repita mil veces, segue sendo mentira”.

 

Quen non escoitou algunha vez (ou moitas) estas frases:

–             O almorzo é a comida máis importante do día

–             O azucre moreno é mellor que o branco

–             Comer froita pola noite engorda

–             Non se pode comer ovos todos os días

–             A proteína dana os riles

 

Falso!

 

A realidade é que:

–             Non hai ningunha comida máis importante que outra. O único contrastado é que a clave está no número de calorías consumidas ao día.

–             Tanto o azucre branco como moreno ten o mesmo impacto sobre a glicosa sanguínea.

–             Un alimento ten as mesmas propiedades, independentemente da hora á que o consumas. Gañar ou perder peso vai depender de se consegues ter un déficit calórico ou un superávit.

–             Está demostrado que comer 1-2 ovos ao día NON ten un impacto negativo en canto ao colesterol. De feito, mellora o perfil lipídico e de colesterol en sangue.

–             Non existe ningunha evidencia científica que asegure que comer proteína é malo para o fígado ou o ril. Comer proteína fai que mellore a túa masa muscular, sistema inmune e ademais aumenta a saciedade.

 

Nutri-Score

Seguro que oístes máis dunha vez falar do Nutri-Score e é posible que non saibades que significa. Víctor disipou dúbidas respecto diso: “É un modelo de etiquetaxe no que se reflicte a calidade nutricional global dos alimentos e permite comparar alimentos da mesma categoría ou que se consomen na mesma ocasión”.

Hai cinco variantes do logo Nutri-Score, que ten un certo parecido a un semáforo, que reflicten de maneira gradual, de maior (letra A e cor verde) a menor (letra E e cor laranxa forte), a calidade nutricional global dos alimentos.

Nutri-Score non está deseñado para utilizar como referencia para recomendar alimentos concretos. Neste sentido, Nutri-Score non é un indicativo de alimentos “bos” e “malos”, senón unha ferramenta para que os consumidores poidan orientarse sobre a súa composición nutricional.

 

O algoritmo realízase en base a compoñentes favorables e compoñentes que deben limitarse.

 

Favorables: Froitas e hortalizas, proteínas, fibra alimentaria, aceite de oliva.

Alimentos que debe limitarse: Graxas saturadas, azucres, sal.

 

Tips xerais na etiquetaxe dun bo produto

 

Víctor tamén nos deu algunhas claves para estudar a etiquetaxe dos produtos e saber cal é o mellor. Son tres “tips” moi sinxelos para buscar o mellor produto.

 

–             Cuantos menos ingredientes teña mellor.

–             Ver a orde dos ingredientes xa que van en función de canta cantidade contén no alimento.

–             Que o azucre engadido non supere os 5 gramos por cada 100 gramos (a condición de que non sexan lácteos ou froitas.