Galego
Castellano
As mellores instalacións deportivas de Vigo
FAITE SOCIO
ALTA EN NAVIA
ALTA EN BARREIRO
ALTA EN COIA
ACTIVIDADES
CONTRATA ACTIVIDADES
RESERVA ACTIVIDADES
AUGA
SALA
PÁDEL
PÁDEL
RESERVA A TÚA PISTA
ESCOLA E LIGA DE PÁDEL
FISIOTERAPIA
RESERVA A TÚA SESIÓN
XIMNASIOS
BARREIRO
COIA
NAVIA
MQBOX
NOVAS
NOVAS
EMPRESAS SAUDABLES
MÁIS QUE AUGA
CONTACTO
MÁIS QUE UN PLAN
EMPRESAS SAUDABLES
EQUIPO PROFESIONAL
O EXERCICIO FÍSICO, FUNDAMENTAL PARA PREVIR A MORTE PREMATURA
Home
Novas
O EXERCICIO FÍSICO, FUNDAMENTAL PARA PREVIR A MORTE PREMATURA
09
Xul
O EXERCICIO FÍSICO, FUNDAMENTAL PARA PREVIR A MORTE PREMATURA
09/07/2020
Sabedes que sempre insistimos na importancia que ten o exercicio físico na saúde. Como responsables do coidado do voso corpo, e por tanto da vosa saúde, é algo que repetimos constantemente e que nos gusta avalar con estudos científicos.
Por iso hoxe traemos un estudo realizado por investigadores das universidades de Cambridge e Edimburgo, que resalta os beneficios que teñen os pequenos cambios no estilo de vida, como a práctica de exercicio, fronte ás consecuencias negativas para a saúde dos baixos niveis de actividade física. E as súas conclusións non poden ser máis contundentes: O exercicio físico evita, cada ano, polo menos 3,9 millóns de mortes prematuras en todo o mundo.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda 150 minutos de actividade aeróbica de intensidade moderada á semana ou equivalentes (75 minutos de actividade forte ou unha combinación de ambas). Este equipo analizou sobre 168 países, a proporción da poboación que cumpre con esta recomendación da OMS, que variou de forma importante entre países: do 33% para Kuwait, ao 64% no Reino Unido e ao 94% para Mozambique.
Ao combinar estes datos con estimacións do risco relativo de falecer prematuramente nas persoas activas en comparación coas persoas que non realizan actividade física, os autores calcularon a proporción de mortes prematuras que se evitaron relacionadas coa actividade física. Así, descubriron que a nivel mundial, debido á actividade física, o número de mortes prematuras foi un 15% de media menor (14% para as mulleres e 16% para os homes), o que equivale a aproximadamente 3,9 millóns de vidas salvadas por ano.
Os autores afirman que este estudo é o primeiro en cuantificar o efecto da actividade física sobre a saúde e confían en que sirva para concienciar aos dirixentes sobre a importancia de facer deporte.
Nesta ligazón podedes ler o artigo de ABC sobre este estudo.
Artigo ABC
Etiquetas
Non se atoparon etiquetas
Categoría
Novas
Artigo anterior
O GRUPO TRAVESÍAS XA ESTÁ NO VAO
Seguinte artigo
APETÉCEVOS UN MERGULLO NAS PISCINAS MÁIS QUE AUGA?
FAITE SOCIO
▼
ALTA EN NAVIA
ALTA EN BARREIRO
ALTA EN COIA
ACTIVIDADES
▼
CONTRATA ACTIVIDADES
RESERVA ACTIVIDADES
AUGA
SALA
PÁDEL
PÁDEL
▼
RESERVA A TÚA PISTA
ESCOLA E LIGA DE PÁDEL
FISIOTERAPIA
▼
RESERVA A TÚA SESIÓN
XIMNASIOS
▼
BARREIRO
COIA
NAVIA
MQBOX
NOVAS
▼
NOVAS
EMPRESAS SAUDABLES
MÁIS QUE AUGA
▼
CONTACTO
MÁIS QUE UN PLAN
EMPRESAS SAUDABLES
EQUIPO PROFESIONAL
Las cookies deben de ser aceptadas expresamente. No se puede permitir la navegación si no se acepta expresamente la política de cookies.
Acepto
+info