O exercicio cardiovascular pode evitar complicacións do coronavirus

24/05/2020

Sabemos ben que o deporte é fundamental para fortalecer o sistema  inmunológico e así facer fronte aos virus. Por iso, durante a crise do COVID-19, desde  Máis que  Auga lembrámosvos a importancia de facer deporte, a pesar de estar confinados en casa, para así manter as  nosas defensas fortes para facer fronte ao  COVID-19 ou calquera outro virus que se achegue.

 

Agora, a Facultade de Medicina da Universidade de Virginia publicou un estudo que apunta a que o exercicio regular posiblemente pode evitar que os pacientes con coronavirus desenvolvan complicacións graves como a síndrome de dificultade respiratoria aguda. A clave está no antioxidante  EcSOD, que se libera de forma natural ao facer exercicio e prevén enfermidades. Ademais, o exercicio aeróbico é particularmente potente para estimular a expresión deste antioxidante.

 

Por iso, agora máis que nunca, necesitamos coidarnos e estar fortes para plantar cara ao  COVID-19. Así que, ademais das medidas de prevención que debemos tomar na nosa vida (manter as distancias de seguridade, máscaras, evitar o contacto físico…), temos que seguir apostando por unha boa alimentación, un bo descanso nocturno e facer exercicio, para manternos sans e fortes.

 

Na ligazón podemos ler o artigo de CMDsport no que se fai referencia a este estudo realizado pola Universidade de Virginia.